Rimamos xunt@s pola convivencia, inclusión, respecto e diversidade.
Freestyle People School é un programa piloto que busca promover a convivencia positiva, a educación emocional e a prevención das violencias dixitais e de xénero nos centros educativos empregando as ferramentas do freestyle rap, a improvisación e as artes urbanas.
Só da Coruña
Educación
Complementaria
Público
Alumnado de 5º e 6º de EP de centros públicos do municipio.
Participarán na actividade dous centros públicos.
Gratuíto
Freestyle People School é un programa socioeducativo innovador que utiliza o freestyle rap, a improvisación e as artes urbanas como ferramentas para promover a convivencia positiva, a educación emocional, a inclusión e a prevención das diferentes formas de violencia entre iguais.
O programa está desenvolvido por Freestyle People, o primeiro grupo de freestyle inclusivo formado maioritariamente por mozos e mozas con discapacidade intelectual e outros mozos en situación de vulnerabilidade social, impulsado pola Asociación Poten100mos e Gallos del Norte.
A proposta pretende achegarlle aos centros educativos da Coruña unha metodoloxía próxima á mocidade, baseada na participación activa, na creación artística e na aprendizaxe entre iguais, abordando dúas das principais problemáticas detectadas actualmente nos centros educativos:
Programa
O programa divídese en 5 bloques:
Cronograma
O programa comeza en novembro cunha sesión por mes. Ata o mes de maio irase realizando unha sesión mensual agás nos meses de febreiro e abril, que haberá dous.
No mes de xuño celebrarase o encontro "A Coruña rima contra as violencias".
Condicións do programa
Realizaranse 10 sesións en cada centro entre os meses de novembro e de maio, xunto cunha xornada de encontro entre os centros no mes de xuño.
Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026
Cada centro poderá participar con ata dúas aulas de 5º e 6º de Educación Primaria, cun máximo aproximado de 50 alumnos e alumnas.
Freestyle People School desenvólveo a Asociación Poten100mos, unha ONG con máis de 10 anos de experiencia en proxectos de inclusión socioeducativos e comunitarios.
O equipo asignado a este proxecto combina experiencia en educación, inclusión social, intervención con persoas vulnerables e cultura freestyle.
A súa metodoloxía baséase na aprendizaxe entre iguais, polo que ás competencias técnicas do equipo profesional súmase a participación activa de 3 a 5 membros de Freestyle People como referentes positivos para o alumnado.
Servizo Municipal de Educación
Espazo: as sesións poderán desenvolverse tanto en espazos exteriores, como patios ou zonas deportivas, como en espazos interiores amplos, como auditorio ou salón de actos, aula de grandes dimensións, pavillón, ximnasio ou outros espazos diáfanos do centro. Recoméndase un espazo sen mesas ou con mobiliario que permita o movemento, a participación e as dinámicas grupais.
Coordinación co centro: previamente ao comezo do programa establecerase unha coordinación co equipo directivo e/ou de orientación para concretar:
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible