Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Free Style People School: prevención do acoso escolar 2026-27
Rimamos junt@s pola convivencia, inclusión, respecto e diversidade.
Freestyle People School é un programa piloto que busca promover a convivencia positiva, a educación emocional e a prevención das violencias dixitais e de xénero nos centros educativos empregando as ferramentas do freestyle rap, a improvisación e as artes urbanas.
Localización do centro:
Só da Coruña
Servizo municipal:
Educación
Tipo de actividade:
Complementaria
Titularidade do centro:
Público
A quen vai dirixido?:
Alumnado de 5º e 6º de EP de centros públicos do municipio.
Participarán na actividade dous centros públicos.
Prezo / Custo:
Gratuíto
O programa divídese en 5 bloques:
Presentación.
Campaña "Rimando polo respecto dixital": prevención do ciberacoso e da violencia dixital.
Decálogo de boas relacións e convivencia positiva: prevención da violencia de xénero e educación emocional.
Freestyle, expresión artística e acción colectiva. Creación artística final por centro.
"A Coruña rima contra as violencias". Encontro municipal de convivencia, inclusión e participación infantil.
Cronograma
O programa comeza en novembro cunha sesión por mes. Ata o mes de maio irase realizando unha sesión mensual salvo nos meses de febreiro e abril, que haberá dous.
No mes de xuño celebrarase o encontro "A Coruña rima contra as violencias".
Condicións do programa
Poderán participar ata un máximo de 50 escolares por centro educativo.
As sesións terán unha duración de 50 minutos.
Os centros deben dispoñer dun espazo con capacidade suficiente para impartir as sesións.
Cando:
Realizaranse 10 sesións en cada centro entre os meses de novembro e de maio, xunto cunha xornada de encontro entre os centros no mes de xuño.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible