Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xestión doméstica sustentable: enerxía, auga e residuos 2025-26

Este taller combina teoría e práctica para ensinar como reducir o consumo de enerxía e auga en casa, así como xestionar correctamente os residuos.

Presentaranse ferramentas e trucos para aforrar na factura eléctrica e de auga, fomentar a reutilización de materiais e aprender técnicas básicas de compostaxe doméstica. A través de exemplos cotiáns e actividades grupales, o alumnado descubrirá como pequenos cambios na rutina poden ter un gran impacto ambiental e económico. Incluiranse retos para aplicar no fogar e compartir na aula ou en familia.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Consumo

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

Obxecto:

Fomentar prácticas domésticas responsables que reduzan o consumo de recursos naturais, optimicen o uso de enerxía e auga, e melloren a xestión de residuos, contribuíndo así ao aforro económico e á protección ambiental.

Obxectivos específicos

  • Identificar os principais consumos enerxéticos e de auga no fogar e a súa relación co impacto ambiental e a factura doméstica.
  • Coñecer e aplicar estratexias para reducir o gasto enerxético e o consumo de auga.
  • Aprender a separar correctamente os residuos e coñecer o ciclo de reciclaxe.
  • Introducir prácticas de reutilización, compostaxe doméstica e economía circular.
  • Desenvolver hábitos sustentables transferibles á contorna escolar e comunitaria.

Cando:

Ver condicións xerais do programa.

Inscricións:

Ver condicións xerais do programa.

Contacto:

OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor

Custa Palloza, 8. A Coruña, 15006.

Tel.: 981 18 98 20

omic@coruna.es

ww.coruna.es/omic

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión