Concello da Coruña

Concello da Coruña

II Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025)

As Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional e Ensinanzas Artísticas (ordinaria e básica) que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Privado, Público, Concertado

A quen vai dirixido?:

Alumnado que estea a cursar ESO, bacharelato e FP que desexe coñecer os ciclos formativos artísticos e de FP, así como os Estudos Superiores de Deseño que se imparten na cidade da Coruña.

A charla sobre FP BÁSICA, ademais de estar dirixida ao alumnado de ESO, tamén está aberta ás ANPA e ao público interesado.

Horario:

De tarde, en función dos estudos e centros

Prezo / Custo:

Gratuíto

As xornadas organízanse en:

  • VISITAS GUIADAS ás instalacións de cada un dos ciclos de FP e dos ensinos artísticos, complementadas con charlas informativas.
  • Unha PRESENTACIÓN DOS ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO que se poden cursar en Galicia; e visita á EASD Pablo Picasso.
  • E unha CHARLA SOBRE A FP BÁSICA, dos ciclos que se imparten en 4 centros públicos de FP da cidade: CIFP Paseo dás Pontes, CIFP Someso, IES Fernando Wirtz, IES Rosalía Mera e IES Urbano Lugrís.

Ademais, el alumnado asistente e o profesorado dos Departamentos de Orientación recibirán a Guía TI ELIXES 2025 (dispoñible para a súa descarga na sección de Documentos "" desta mesma páxina), con información actualizada de estudos, bolsas e axudas de Educación Secundaria, Formación Profesional, estudos Superiores e Universitarios, así como recursos de procura de emprego xuvenil.

Acceso ás Xornadas

O alumnado inscrito ten que presentar a CREDENCIAL correspondente para poder acceder ás visitas e charlas, que lle foi enviada ao seu correo electrónico no momento da inscrición.

No caso de non dispoñer de credencial e que haxa prazas libres, poderase asistir ás visitas e charlas unha vez que accedan as persoas con credencial.

Persoal da organización fará o control de entrada e poderá solicitar que a acode asistente acredite a súa identidade cun documento oficial.

Cando:

Dende o 10/01/2025 ata o 24/02/2025

No primeiro trimestre do curso 2024/2025:

  • Os días 17, 18 e 19 de febreiro de 2025: Ciclos formativos. Visitas a centros públicos de FP e á EASD Pablo Picasso.
  • O mércores 19 de febreiro, ás 17.30 h: Estudos superiores de deseño en Galicia, na EASD Pablo Picasso (r/ Os Pelamios, 2).
  • O luns 24 de febreiro, ás 18.00 h: Charla sobre os ciclos de FP básica, no Fórum Metropolitano (r/ Río Monelos, 1).

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 20/01/2025 ata o 07/02/2025

Inscrición do alumnado:

  • Do 20/01/2025 ao 07/02/2025, a las 14:00h. para o alumnado matriculado en centros da cidade.
  • Do 27/01/2025 ao 7/02/2025, a las 14:00h. para o alumnado matriculado en centros de fóra da cidade.

A solicitude en liña faia directamente a persoa interesada en acudir ás Xornadas a través desta ficha de inscrición, indicando o centro educativo no que está matriculada, as visitas e charlas ás que quere acudir (identificadas por un código numérico), así como os seus datos persoais.

MOI IMPORTANTE: verificar que os ciclos e charlas solicitadas non coincidan en horario.

Unha vez feita a solicitude a aplicación elabora un pdf confirmando a inscrición, onde se incorpora a CREDENCIAL de acceso ás Xornadas.

Este pdf, de confirmación e credenciais, envíase ao correo electrónico indicado no formulario.

Para resolver dúbidas e problemas sobre o proceso de inscrición en liña poden escribir a gestionim@edu.coruna.es .

Contacto:

Servizo de Municipal de Educación

Teléfono 981 184 200 - ext. 10259

Horario: de luns a venres, das 09.00 ás 14.00 h

educacion@coruna.gal

Rede de Información Xuvenil

Telegram //Whatsapp: 606 362 366.

cmix@coruna.gal

Organiza:

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN

Colaboran:

A REDE MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL

OS CENTROS PÚBLICOS DE FP DA CIDADE DA CORUÑA:

  • CIFP Ánxel Casal
  • CIFP Imaxe e Son
  • CIFP Paseo das Pontes
  • CIFP Someso
  • IES Agra do Orzán
  • IES A Sardiñeira
  • IES Fernando Wirtz Suarez
  • IES Eusebio da Guarda
  • IES Ramón Menéndez Pidal
  • IES Rosalía Mera
  • IES Urbano Lugrís

AS ESCOLAS DE ARTES E SUPERIORES DE DESEÑO Pablo Picasso (A Coruña) e Mestre Mateo (Santiago de Compostela)

Documentos:

Guía TI ELIXES 2025 (1 MB)

Folleto informativo das II XOAP 2025 (1 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión