Concello da Coruña

Concello da Coruña

Indicadores da calidade do aire 2023-24

Actividades na aula: obradoiro. Duración aproximada: 60 minutos.

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Obxecto:

  • Coñecer que indicadores fixan a calidade do aire óptima e cales determinan a necesidade de medidas de control
  • Que hábitos ou industrias xeran a contaminación da nosa atmosfera
  • Coñecer a influencia deste tipo de contaminación nos nosos órganos sensoriais e na nosa saúde

Contidos

Indicadores que determinan a calidade atmosférica da nosa contorna. Medidas para preservar a nosa saúde.

Desenvolvemento da actividade

Veremos como algo tan inmenso como a atmosfera pode verse influenciado por partículas que son tan pequenas. Mediante fichas, vídeos na aula e cuestionarios chegaremos a inquietantes conclusións sobre a calidade do aire atmosférico no planeta. Podemos deducir o mesmo do noso ambiente local?

Cando:

Ver condicións xerais do programa.

Inscricións:

Ver condicións xerais do programa.

Contacto:

Puertas Afuera Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.

Tel.: 981903834

Correo electrónico: educacionambiental@coruna.gal

Recursos materiais:

Aula, pantalla de proxección, computador portátil, proxector LCD, fichas e táboas de comparativas.

Programas relacionados

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión