Concello da Coruña

Concello da Coruña

Inicia 2025-26

Programa de difusión do espírito emprendedor entre o alumnado de Centros con ciclos formativos de Formación Profesional e Ensino Especial situados no municipio da Coruña. O programa proporciona apoio ao profesorado dos centros participantes mediante a formación e tutorización ao alumnado. Ademais ofrécense premios que priman as mellores iniciativas emprendedoras.

O alumnado poderá optar a participar nunha feira na que se premian os tres mellores proxectos.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Empleo

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

  • Centros con ciclos formativos de Formación Profesional.
  • Ensinos especiais (Educación superior).

Prezo / Custo:

Gratuíto

Obxecto:

  • Desenvolver as capacidades emprendedoras do alumnado dos Centros de Formación Profesional e Ensinos especiais da cidade da Coruña.
  • Fomento e difusión da cultura emprendedora nos Centros de Formación Profesional e Ensinos Especiais.
  • Servir de instrumento de promoción de boas ideas empresariais, proxectos e persoas que as leven a cabo.
  • Fomentar iniciativas emprendedoras que repercutan na economía do Concello.
  • Dar a coñecer os recursos municipais de apoio ao emprendimiento.
  • Apoiar ao persoal docente dos Centros Educativos.
  • Favorecer e mellorar o desenvolvemento de valores educativos.

Condicións do programa

Horarios adaptados a cada centro educativo. O alumnado debe asistir ás tres sesións formativas.

Contidos

  • Módulo 1: Presentación e motivación.
  • Módulo 2: Plan económico-financeiro (analisis da viablilidad dos proxectos).
  • Módulo 3: Taller de presentación de proxectos.

Metodoloxía

O programa componse de tres módulos formativos coordinados co persoal docente que sirvirán de apoio durante a elaboración do proxecto emprendedor que realiza o alumnado.

O alumnado que o desexe poderá realizar unha simulación de presentación do seu proxecto para poñer en práctica o aprendido no módulo 3.

Os proxectos elaborados poderán ser presentados á selección para participar na Feira de Ideas Empresariais. Na devandita Feira, na que participan un máximo de 15 proxectos, premiaranse as 3 mellores iniciativas emprendedoras (ver bases de participación).

Cando:

Dende o 10/09/2025 ata o 27/02/2026

Setembro: información ao profesorado, coordinación e calendarización de sesións.

Setembro a decembro: desenvolvemento da formación e tutorización (3 módulos)

Xaneiro e febreiro: entrega de proxectos, selección, Feira de Ideas e Premios.

Inscricións:

Dende o 01/09/2025 ata o 10/09/2025

Inscrición centros

Ficha de solicitude

Na ficha de solicitude deben indicarse as datas preferentes para as 3 sesións.

Contacto:

Servicio de Empleo y Empresa

empresa@coruna.gal

/empresa/gl

Organiza:

Servizo de Emprego e Empresa. Departamento de Promoción Económica

Documentos:

INICIA. Bases 2025-2026 (327 KB)

Ficha de inscrición inicia 2025-2026 (698 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión