Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Con este programa búscase facilitar o intercambio entre escolares dos diferentes municipios de Galicia e Norte de Portugal integrantes do Eixo Atlántico, para compartir experiencias entre escolares; especificamente, dar a coñecer a cidade da Coruña ao alumnado dun centro educativo do municipio portugués de Guimarães.
Os intercambios escolares terán lugar durante 3 días nos meses de abril e/ou maio de 2026.
Localización do centro:
Só da Coruña
Servizo municipal:
Educación
Tipo de actividade:
Outras
Titularidade do centro:
Público
A quen vai dirixido?:
Alumnado que curse 5º ou 6º de Educación Primaria durante o curso 2025/2026, pertencente a un centro público do municipio da Coruña.
Un grupo escolar formado por un máximo de 30 participantes (entre o alumnado e 2 docentes).
Prezo / Custo:
Gratuíto
Os concellos da Coruña e Guimarães faranse cargo de todos os gastos (desprazamentos, aloxamento e comidas, seguros de viaxe e de responsabilidade civil e acompañamento) e do apoio na organización de vistas e itinerarios polas súas respectivas cidades.
Obxecto:
O Eixo Atlántico é unha asociación transfronteiriza de Dereito Público, formada por Municipios e Entidades da Administración Local que integran o sistema urbano da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, que inclúe ao Concello da Coruña.
O grupo de traballo de Educación e Cultura do mencionado Eixo leva varios anos desenvolvendo o proxecto Intercambios Escolares, cos seguintes obxectivos:
Promover entre os estudantes e docentes o coñecemento do seu municipio, dos municipios integrantes do Eixo Atlántico e do propio Eixo Atlántico, así como do seu patrimonio (cultural, natural, inmaterial).
Facilitar o intercambio entre estudantes dos diversos municipios do Eixo Atlántico .
Concienciar aos estudantes da importancia de vivir nun municipio integrante do Eixo Atlántico e que conforman unha Eurorrexión.
Promover a realización de experiencias didácticas que potencien o uso do municipio como recurso educador.
Os intercambios terán lugar durante 3 días nos meses de abril e maio de 2026, nas datas que se determinen por ambos os municipios, da cordo cos centros educativos participantes.
SERVIZOS
Os desprazamentos de ida e volta A Coruña - Portugal, para o alumnado seleccionado da Coruña, 2 docentes acompañantes e un/unha técnico municipal.
Aloxamento en Portugal do grupo seleccionado, en hotel ou albergue, en réxime de pensión completa.
O seguro de viaxe e de responsabilidade civil.
O aloxamento hostaleiro en habitacións dobres e triplos con pensión completa do grupo visitante de Portugal na Coruña.
Acompañamento dun/dunha monitor/a en as actividades na Coruña.
Os desprazamentos pola cidade da Coruña do grupo seleccionado e aqueloutros gastos que se consideren necesarios para levar a cabo os obxectivos deste programa.
Tres sesións de coñecemento da lingua portuguesa para o grupo seleccionado neste programa.
REQUISITOS
Un grupo escolar formado por un máximo de 30 participantes (alumnado e 2 docentes), de 5º ou 6º de educación primaria dun centro público do Concello da Coruña.
O grupo seleccionado será simultaneamente "grupo anfitrión" e "grupo visitante".
Deberá inscribirse e presentar unha proposta de proxecto de actividades a desenvolver na Coruña co grupo visitante portugués, para darlles a coñecer a cidade.
Estes proxectos deben incluír aspectos que promovan o coñecemento da cidade da Coruña e do grupo escolar da Coruña ao grupo escolar portugués visitante e, especialmente, actividades na cidade e no centro educativo.
PRESENTACIÓN DA MEMORIA
Os grupos participantes deberán presentar unha Memoria, coas seguintes características:
Orixinal e en lingua galega.
Extensión máxima de 20 follas en letra Arial 11 por cara con interlineado simple.
Unha folla inicial que incluirá: o nome e obxecto do proxecto, nome do centro educativo, nome do grupo ao que pertence o traballo (5º A, 6º C...), e o profesado responsable do mesmo.
O proxecto poderá ir acompañado de vídeos, fotografías, planos, maquetas ou calquera outra explicación do proxecto nun arquivo adxunto á memoria principal.
Excluiranse os proxectos que non cumpran cos requisitos esixidos
FORMA E PRESENTACIÓN DA MEMORIA
A Memoria presentarase a través do correo electrónico: educacion@coruna.gal, coa mención no asunto "V Concurso Intercambio Escolar Eixo Atlántico ".
Cando:
Dende o 12/01/2026 ata o 29/05/2026
O calendario do programa para o curso 2025-26 decidirase coa cidade portuguesa coa que nos emparelle o sorteo que realice a organización do Eixo Atlántico, entre as cidades galegas e portuguesas participantes no programa este curso, de acordo cos centros educativos seleccionados.
No sorteo, realizado o 11/12/2025, resultou que o emparellamento é coa Cámara municipal de Guimarães..
Inscricións:
Dende o 12/01/2026 ata o 31/01/2026
Prazo de inscrición: a inscrición deberana realizar os centros educativos, do 12 ao 31 xaneiro de 2026, a través da ficha de inscrición.
Data límite para presentar a memoria coa proposta do proxecto de actividades a realizar na Coruña: ata o 27 de febreiro de 2026.
As memorias presentaranse a través do correo electrónico: educacion@coruna.gal, coa mención no asunto "V Concurso Intercambio Escolar Eixo Atlántico ".
As condicións do programa están recollidas nas bases reguladoras do Concurso V Intercambio Escolar do Eixo Atlántico 2025/2026, que se publicarán proximamente.
Organiza:
Concellos da Coruña e Guimarães (Portugal), coa colaboración do Eixo Atlántico .
Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible