Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado dos centros educativos da Coruña
Só da Coruña
Consumo
Complementaria
Alumnado de EI, EP, ESO, BACH, FP e EE de todos os centros educativos da Coruña
O obxectivo da educación das persoas consumidoras é ensinarlle á cidadanía a destreza, a actitude e o coñecemento necesarios para vivirmos nunha sociedade baseada no consumo. Trátase dun compoñente fundamental da educación xeral, que debería apoiar as persoas consumidoras á hora de trataren de organizar as súas vidas cotiás dunha maneira sustentable.
A educación ás persoas consumidoras proporciona o coñecemento necesario para concienciar a cidadanía en comportamentos responsables e intelixentes nas súas relacións de consumo.
Os numerosos temas sobre a educación para o consumo pódense abordar con practicamente todas as materias de ensino e plans de estudo tradicionais.
A Oficina Municipal de Información ás Persoas Consumidoras (OMIC) dispón dunha ampla oferta formativa no campo do consumo. Dentro do programa A Coruña Educa, presentamos un conxunto de obradoiros prácticos que supoñen unha actividade dinámica, estimulante e formativa. Todas as actividades están dinamizadas por un equipo de educadoras/es especializadas/os no consumo responsable e coordinado pola OMIC.
Os diferentes talleres están organizados segundo as distintas etapas educativas. Deste xeito, as/os docentes poderán escoller aquelas actividades máis adecuadas ao desenvolvemento curricular correspondente.
Ademais, os obrdoiros compleméntanse con seminarios para o equipo docente e charlas para nais e pais do alumnado. Desta maneira, toda a comunidade educativa participa no proceso de aprendizaxe en valores de consumo responsable.
Duración e localización
Cada taller durará aproximadamente 60 minutos. Desenvolveranse en horario lectivo. É preceptiva a presenza de persoal docente do centro durante o transcurso da actividade.
A planificación das actividades realizaraa a OMIC, coa persoa responsable de coordinar este programa do centro educativo.
Os talleres poderán ter lugar nos propios centros educativos ou nas instalacións da OMIC da Coruña (r/ Costa da Palloza, 8).
Condicións do programa
O número máximo de participantes por grupo é de 25 (unha aula), en cada taller, que deberán estar acompañadas/os por persoal do centro educativo.
A OMIC contactará coa persoa que conste como responsable do programa para concertar as datas e horas das actividades. Sobre as datas e horas acordadas co centro non se aceptará ningún cambio salvo causas xustificadas e acreditadas debidamente. Para iso a OMIC remitirá ao correo electrónico do centro o calendario acordado.
Todos os talleres poderán ser adaptados para alumnado con diversidade funcional para grupos de educación especial.
Dende o 16/09/2019 ata o 18/06/2021
Xa rematou
Dende o 15/09/2020 ata o 06/10/2020
Inscrición para os centros
OMIC (Oficina Municipal de Información ao Consumidor)
Sede: R/ Costa da Palloza, 8, 15006 A Coruña
Lidia M.ª Blanco Iglesias
Teléfono: 981 189 820
Fax: 981 189 821
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible