Concello da Coruña

Concello da Coruña

Moda sustentable e consumo téxtil responsable 2025-26

O taller inclúe dinámicas visuais para entender a pegada ecolóxica da roupa e o seu impacto social, análise de etiquetas para coñecer a orixe e os materiais, e actividades prácticas de reparación e customización.

Presentaranse casos reais de marcas sustentables e debateranse criterios para elixir pezas de forma responsable.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Consumo

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

Obxecto:

Concienciar sobre o impacto ambiental e social do sector téxtil, promovendo hábitos de consumo máis responsables, éticos e sustentables na elección, uso e disposición da roupa.

Obxectivos específicos

  • Coñecer o ciclo de vida dunha peza: produción, transporte, uso e fin de vida.
  • Identificar prácticas prexudiciais da industria téxtil como a fast fashion e a explotación laboral.
  • Explorar alternativas de consumo como a reutilización, a reciclaxe téxtil, o intercambio e a compra de segunda man.
  • Fomentar hábitos de coidado, reparación e personalización de roupa para alargar a súa vida útil.

Cando:

Ver condicións xerais do programa.

Inscricións:

Ver condicións xerais do programa.

Contacto:

OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor

Custa Palloza, 8. A Coruña, 15006.

Tel.: 981 18 98 20

omic@coruna.es

ww.coruna.es/omic

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión