Programa escolar concibido como un intercambio de representacións entre grupos teatrais. Cada grupo crea/selecciona e ensaia unha obra de teatro para representala en dous centros educativos do concello.
Só da Coruña
Educación
Complementaria
Alumnado dos grupos de teatro dos centros educativos do concello.
Os centros poden inscribir o seguinte número de grupos distribuídos por etapas educativas:
EI e EP: máximo 3 grupos por centro
Educación secundaria: máximo 2 grupos por centro
Potenciar a actividade artística do alumnado, fomentar a convivencia entre os grupos teatrais e ofrecer diferentes escenarios de representación.
Condicións do programa
As representacións teatrais da mostra deberanse axustar, como mínimo e máximo, á seguinte duración:
Cada grupo representará a súa obra no seu centro e noutros dous da mesma etapa educativa.
O centro que recibe deberá garantir:
É condición imprescindible a asistencia a unha reunión de coordinación cuxa data, hora e lugar se confirmará na páxina web educativa e comunicaráselle á coordinación de cada grupo. Os grupos de teatro que non asistan a esta reunión quedarán excluídos do programa.
Axuda económica
Unha vez que finalicen as datas das representacións e en función dos grupos participantes, o concello poderá outorgar unha axuda de ata 300 € por grupo para gastos xerados pola propia actividade teatral.
Requisitos para recibir a axuda:
Realizar as dúas representacións que corresponden por grupo, xustificar debidamente os gastos xerados pola actividade e presentar toda a documentación requirida.
Transporte
O transporte será facilitado polo Servizo Municipal de Educación. A escenografía non poderá exceder do 2,15 m de longo para facilitar o transporte no autobús. No caso de que sexa maior, o seu transporte será responsabilidade do grupo participante.
Dende o 01/06/2021 ata o 04/06/2021
Importante: A realización deste programa está condicionado á evolución da pandemia do COVID 19.
Xa rematou
Dende o 15/09/2020 ata o 06/10/2020
Inscrición para os centros
VITAEVENTS
Tel.: 881 942 823 / 881 945 972
Servizo Municipal de Educación
Tel.: 981 184 200 ext. 12047 //12027
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible