A inclusión educativa e social desde a arte.
A finalidade do Programa MUS-E é o traballo desde as Artes no ámbito escolar, como ferramenta que favorece a integración social, educativa e cultural do alumnado e as súas familias. Contempla o desenvolvemento da intelixencia emocional como fonte que pretende fomentar a cohesión social e loitar contra a posible exclusión de nenos e nenas que viven en ambientes desfavorecidos.
MUS-E fai fincapé na importancia do diálogo e a interacción así como no desenvolvemento da creatividade e a imaxinación na práctica educativa para a mellora das aprendizaxes na escola e o traballo en valores.
Só da Coruña
Educación
Complementaria
Público
Alumnado de EI, EP e ESO de centros públicos da cidade.
Centros nos que se oferta o programa para o curso 2026/27: CEIP Cidade Vella, CEIP Ramón de la Sagra, CEIP Raquel Camacho, CEIP Rosalía de Castro, CEIP San Pedro de Visma e IES Rafael Dieste.
Ao longo do curso escolar, dentro do horario lectivo e en presenza do/a profesor/a titor/a
O programa continúa en horarios extraescolares, realizándose un traballo coas familias e a contorna, de forma coordinada a partir de equipos interdisciplinares de traballo.
Semanal e/ou quincenal
Gratuíto.
Fomentar a educación en valores con obxecto de mellorar a cohesión social e reducir as situacións de conflito, acoso e violencia, fomentando o intercambio intercultural e a riqueza da diversidade e facilitando o respecto ás diferenzas culturais, étnicas e sociais.
Actividades
O programa realízase a través de sesións e talleres (música, teatro, circo, ioga,...) impartidos por artistas en activo, de diferentes culturas, cunha elevada formación artística e experiencia pedagóxica, nos que se tenta que as persoas participantes (menores, familias e docentes) canalicen a súa creatividade, reforcen a súa autoestima e melloren as súas aprendizaxes.
Sen dúbida, un alumnado motivado é un alumnado que aprende.
Metodoloxía
O Programa recolle e aplica a Metodoloxía de intervención MUS-E, desenvolvida desde hai máis de 25 anos en Europa, onde se recolleron aqueles elementos craves na intervención para alcanzar éxito
O marco de traballo utilizado foi:
Principios
Condicións do programa
O proxecto leva a cabo en horario lectivo e, por tanto, trabállase con todo o grupo-aula. O proxecto inclúese na PGA do centro e debe ser previamente aprobado polo claustro escolar. A participación activa da ANPA é moi desexable xa que se traballará coas familias.
Centros onde se oferta
CEIP Cidade Vella, CEIP Ramón de la Sagra, CEIP Raquel Camacho, CEIP Rosalía de Castro, CEIP San Pedro de Visma e IES Rafael Dieste.
Non se admiten máis centros para o curso 2026/2027.
Fundación Yehudi Menuhin España:
fyme@fundacionyehudimenuhin.org
Servizo Municipal de Educación
Tel. 981 18 42 00 - ext. 10260
O proxecto é desenvolvido por artistas en activo, de diferentes culturas, con formación pedagóxica en aulas desde Infantil (5 anos) ata 2º de ESO, en presenza do/a profesor/a titor/a.
Servizo Municipal de Educación
A Fundación Yehudi Menuhin España e a Fundación Paideia desenvolven MUS-E na Coruña desde 2015.
O traballo en horario lectivo é posible grazas a un convenio asinado por ambas as entidades coa Consellaría de Educación da Xunta de Galicia e o Concello da Coruña.
https://fundacionyehudimenuhin.org/programas/mus-e/
Entidades colaboradoras
Fundación Yehudi Menuhin España:
www.fundacionyehudimenuhin.org
Fundación Paideia:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible