"Co obxectivo de romper os estereotipos e de mostrar a ópera como unha proposta moito máis próxima do que en moitas ocasións está na mente do público, especialmente a idades temperás, nace fai xa catro anos o programa Ópera para nenas e nenos.
Máis de 1.000 escolares de cuarto, quinto e sexto de primaria de distintos centros da Coruña e comarca poderán gozar desta proposta que se enmarca na programación didáctica de Amigos da Ópera da Coruña desde unha perspectiva de achegarse á lírica como "unha arte por descubrir e á cultura en xeral como un medio para viaxar a través do tempo e o espazo".
O auditorio da Sede Afundación da Coruña acollerá o 20 e 21 de outubro unha proposta na que os estudantes se achegarán á ópera a través de fragmentos interpretados polo equipo de Ópera Kids. Durante unha hora, os participantes farán un percorrido a través da música, nunha actividade na que poderán participar sumando as súas voces.
De calquera concello
Educación
Complementaria
Público
Alumnado de 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria de centros públicos da Coruña e comarca.
Gratuíto.
Non inclúe servizo de autobús.
Dende o 20/10/2026 ata o 21/10/2026
Dúas sesións, en horario escolar.
Dende o 15/09/2026 ata o 25/09/2026
Inscrición ata o 25 de setembro, a través do correo comunicacion@amigosoperacoruna.org.
Por orde, ata completar aforamento (aforamento máximo: 1000 persoas).
Os centros inscritos recibirán un dossier didáctico gratuíto para traballar na aula de música.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible