Concello da Coruña

Concello da Coruña

Pleno infantil 2021-22

O Concello da Coruña, no marco da lexislación vixente ofrece aos centros escolares da cidade, a oportunidade de participar na celebración dun pleno infantil presidido pola Alcaldesa da cidade.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 3º ciclo de EP.

Obxecto:

Ofrecer un espazo de reflexión aos nenos e nenas da cidade para que acheguen a súa visión sobre os dereitos recolleitos na Convención sobre os dereitos dos nenos e nenas (CDN) e como estes dereitos reflíctense na súa vida cotiá.

A Convención dos Dereitos do Neno (CDN), é un tratado internacional das Nacións Unidas ratificado o 20 de novembro de 1989, no que por primeira vez recoñécese que os nenos e nenas son persoas con dereito de pleno desenvolvemento físico, mental e social e con dereito a expresar libremente as súas opinións.

O artigo 12 da CDN fai referencia á necesidade de ofrecer aos nenos e nenas a oportunidade de ser escoitados en tódolos procedementos sociais que lles afecten. O artigo 13 alude ao dereito á liberdade de expresión de nenos e nenas.

No marco dos dous artigos mencionados anteriormente, o Concello da Coruña ofrece aos centros escolares da cidade a oportunidade de participar na celebración dun pleno infantil presidido pola Alcaldesa da cidade.

Esta actividade realízase en colaboración con UNICEF e ten lugar no Salón de Plenos Municipal, onde unha representación de alumnos/as do curso participante, expón as conclusións do material traballado previamente na aula.

Cada centro participante, traballa arredor dun dereito dos recolleitos na CDN co material didáctico achegado por UNICEF. É por iso que esta actividade require que o profesorado realice no centro educativo unha sesión preparatoria da actividade dunha hora e media aproximadamente.

Aquí pódese ver a celebración do Pleno Infantil de 2021 ao completo: https://www.youtube.com/watch?v=0nTKnGcwizc

Entidades colaboradoras

UNICEF

Cando:

O Pleno Infantil celebrarase o 18 de novembro ás 12.00 h no salón de plenos.

Importante: A realización deste programa está condicionado á evolución da pandemia da COVID 19.

Inscricións:

Dende o 15/09/2021 ata o 15/10/2021

Ficha de solicitude xeral (a cubrir polo centro)

Ademais, para inscribirse nesta actividade é necesario enviar un correo electrónico a a.botana@coruna.es indicando: nome do centro educativo, curso, número de alumnos/as da aula e profesor/a de contacto.

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 18 42 00 ext 12041

educacion@coruna.es

Recursos materiais:

Material e guía didáctica para traballar na aula

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión