O Concello da Coruña celebra un Pleno Infantil no que a Alcaldesa e o Concelleiro de Educación reúnense con escolares da cidade.
Só da Coruña
Educación
Complementaria
Alumnado de 5º e 6º de EP.
Ofrecer un espazo de reflexión aos nenos e nenas da cidade para achegaren a súa visión sobre os dereitos recollidos na Convención sobre os dereitos dos nenos e nenas (CDN) e como estes dereitos se reflicten na súa vida cotiá.
A Convención dos Dereitos do Neno (CDN), é un tratado internacional das Nacións Unidas ratificado o 20 de novembro de 1989, no que por primeira vez recoñécese que os nenos e nenas son persoas con dereito de pleno desenvolvemento físico, mental e social e con dereito a expresar libremente as súas opinións.
O artigo 12 da CDN fai referencia á necesidade de ofrecer aos nenos e nenas a oportunidade de ser escoitados en todos os procedementos sociais que lles afecten. O artigo 13 alude ao dereito á liberdade de expresión de nenos e nenas.
No marco dos dous artigos mencionados anteriormente, o Concello da Coruña ofrece aos centros escolares da cidade a oportunidade de participar na celebración dun pleno infantil presidido pola Alcaldesa da cidade.
Esta actividade realízase en colaboración con UNICEF e ten lugar no Salón de Plenos Municipal, onde unha representación de alumnos/as do curso participante, expón as conclusións do material traballado previamente na aula.
Cada centro participante, traballa ao redor dun dereito dos recolleitos na CDN co material didáctico achegado por UNICEF. É por elo que esta actividade require que o profesorado realice no centro educativo unha sesión preparatoria da actividade dunha hora e media aproximadamente.
Entidades colaboradoras
UNICEF
Data de celebración do Pleno: mes de novembro
Dende o 15/09/2022 ata o 15/10/2022
Os centros interesados en participar deben facelo a través da Ficha de solicitude xeral (a cubrir polo centro)
Material e guía didáctica para traballar na aula, facilitado por Unicef.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible