Concello da Coruña

Concello da Coruña

Pleno infantil 2025-26

O Concello da Coruña, en colaboración con UNICEF, súmase á celebración do 20 de novembro do Día Internacional da infancia, cunha programación especialmente dirixida á infancia, organizada en coordinación cos centros educativos públicos da cidade e nenos/as participantes do Consello Local da Infancia (CLIAC).

O Pleno Infantil, co lema "Violencia dixital" terá lugar o xoves 27 de novembro no Salón de Plenos Municipal, onde unha representación do alumnado participante expoñerá as conclusións sobre o material traballado previamente na aula.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5.º e 6.º de EP

Horario:

De 11:30 a 13:00 horas, aproximadamente.

Obxecto:

Ofrecerlles un espazo de reflexión aos nenos e ás nenas da cidade para que acheguen a súa visión sobre os dereitos recollidos na Convención sobre os dereitos dos nenos e nenas (CDN) e entendan como estes dereitos de reflicten na súa vida cotiá.

A iniciativa está enmarcada na Convención de Dereitos do neno ( CDN) e do tratado internacional de nacións unidas ratificado o 20 de novembro no que se recoñece por primeira vez que os nenos/as son persoas con dereitos de pleno desenvolvemento físico, mental e social e con dereito a expresar libremente as súas opinións.

O artigo 12 da CDN fai referencia á necesidade de ofrecer aos nenos/as a oportunidade de ser escoitados en todos os procedementos sociais que lles afecten. O artigo 13 alude ao dereito á liberdade de expresión de nenos /as.

No marco dos dous artigos mencionados anteriormente, o Concello da Coruña ofrece aos centros escolares da cidade a oportunidade de participar na celebración dun pleno infantil presidido pola Alcaldesa da cidade.

Cada centro participante traballa ao redor dun dereito dos recolleitos na CND, co material didáctico achegado por UNICEF, e require que o profesorado realice unha sesión preparatoria da actividade, de hora e media aproximadamente no centro educativo.

O evento central, o Pleno infantil, co lema "Violencia dixital", terá lugar o 27 de novembro no Salón de plenos do Concello da Coruña, estará presidido pola alcaldesa da cidade, Inés Rey e asistirá o concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego.

O pleno transformarase, de maneira temporal, nun espazo de participación infantil para conmemorar o Día da Infancia.

Participarán 6 colexios da cidade (CEIP Labaca, CEIP Curros Enríquez, CPR Karbo, CPR Salesianos, CPR Dominicos e CPR Escolapios ) cun total de 141 escolares de 5º e 6º de EP e 34 nenos/as da cidade en representación dos seus compañeiros/as lerán un manifesto conxunto coas achegas de todos os colexios participantes.

Entidades colaboradoras

UNICEF

Cando:

27/11/2025

O Pleno Infantil celebrarase o xoves 27 de novembro, ás 11:30h, para celebrar o Día dos dereitos da infancia.

O martes 25 de novembro,ás 17.00h, realizarase un ensaio do pleno infantil no Concello da Coruña, ao que só asistirán os menores que van ler o manifesto o dia 27.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 16/09/2025 ata o 16/10/2025

Ficha de solicitude

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tel.: 981 184 200, ext. 10260

educacion@coruna.gal

Recursos materiais:

Material e guía didáctica para traballar na aula, facilitado por UNICEF

Recursos humanos:

Contará con persoal especializado de UNICEF que garantirá unha experiencia educativa, participativa e enriquecedora para todo o alumnado participante.

Organiza:

Servizo Municipal de Educación en colaboración con UNICEF

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión