Concello da Coruña

Concello da Coruña

Itinerarios 2026-27

A cidade como espazo de coñecemento e interpretación: o programa Itinerarios ofrece percorridos por diversas zonas da cidade para coñecer a súa historia e algúns dos seus edificios máis emblemáticos, mediante actividades de observación.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado desde 3º a 6º de EP, de ESO e de Bacharelato dos CEIP e IES da cidade.

Horario:

As sesións realízanse ás 10.00 h. ou 12.00 h e teñen unha duración de 90 minutos.

Prezo / Custo:

1,50 € por alumno/a en concepto de cota.

Unha vez confirmados os itinerarios e elaborado o calendario definitivo notificarase o prazo para realizar o ingreso, o custo total por aula e o modo de ingreso da cota.

Obxecto:

Os Itinerarios achegan o alumnado á historia, o patrimonio e a evolución da Coruña a través de percorridos por diferentes espazos, convertendo a contorna urbana nun recurso educativo que permite comprender como as persoas, os acontecementos históricos e as transformacións sociais contribuíron a configurar a cidade actual.

Mediante a observación directa, a análise do espazo urbano e o descubrimento guiado de lugares, personaxes e acontecementos relevantes, o alumnado terá unha visión máis ampla e crítica da súa contorna, relacionando os contidos curriculares con experiencias significativas

O programa contribúe ao desenvolvemento de competencias relacionadas coa comunicación lingüística, a competencia cidadá, a conciencia e expresión culturais, así como coa comprensión e interpretación da contorna social, histórico e patrimonial. Así mesmo, favorece a integración das aprendizaxes vinculadas ao patrimonio, a historia local, a cultura, a sostibilidade e a construción de cidadanía.

Deste xeito, a cidade convértese nun espazo de investigación, reflexión e aprendizaxe que axuda ao alumnado para comprender a complexidade do medio urbano, valorar o seu patrimonio e recoñecer o papel que as persoas desempeñan na construción e transformación dos espazos que habitan.

Condicións do programa

  • Cada centro poderá solicitar un único itinerario por grupo/clase.
  • Necesidade da presenza do profesor/a do grupo e do persoal de apoio no desenvolvemento do itinerario.
  • O programa ten establecido un número máximo de itinerarios. No caso de que a demanda fose maior que a oferta se procederá á adxudicación por rigorosa orde de inscrición.
  • Servizo de transporte:
    • O transporte facilítao o Concello.
    • O bus estará dispoñible media hora antes do inicio de cada itinerario. Este horario pode axustarse en función da distancia do colexio ao lugar de inicio do itinerario.
    • Os autobuses teñen 55 prazas, polo que en ningún caso se pode exceder este número de participantes (incluído o profesorado acompañante).
    • Os centros que necesiten transporte adaptado deben solicitalo previamente.

Itinerarios que se ofertan

3º e 4º EP

5º e 6º EP

1º e 2º ESO

3º e 4º ESO e BACH

Calendario

  • Envío do calendario provisional: 11 de decembro (modificacións ata o 18 de decembro, inclusive).
  • Envío do calendario definitivo: 11 de xaneiro.
  • Inicio de actividades: febreiro.

Paradas de autobús (Educación primaria)

A cidade de María Pita (3º e 4º de EP)
Parada de autobús para inicio Parada de autobús para recollida
Mestranza-Metrosidero (482) Mestranza-Metrosidero (482)
O mozo Picasso: de casa ao colexio (3º e 4º de EP)
Parada de autobús para inicio Parada de autobús para recollida
Juana de Vega (526) Juana de Vega (526)
Prazas con poder (5º e 6º de EP)
Parada de autobús para inicio Parada de autobús para recollida
Porta Real, Dársena (139) Porta Real (1)
A Coruña: praza forte do Reino de Galicia (5º e 6º de EP)
Parada de autobús para inicio Parada de autobús para recollida
Parrote - H. Finisterre (140) Castelo de San Antón

Paradas de autobús (Educación secundaria)

Modernismo coruñés (3º-4º de ESO e Bacharelato)
Parada de autobús para inicio Parada de autobús para recollida
Praza de Pontevedra, 11 (197) Praza de Pontevedra, 11 (197)
Personaxes da cidade (1º-2º de ESO)
Parada de autobús para inicio Parada de autobús para recollida
Porta Real, Dársena (139) Porta Real (1)
Camiño Real (1º-2º de ESO)
Parada de autobús para inicio Parada de autobús para recollida
Porta Real Porta Real (1)

Itinerarios SMART

Itinerarios SMART é unha versión dixital do percorrido que permite traballalo previamente na aula. O itinerario SMART é unha nova forma de darlle a coñecer a cidade aos escolares a través de contidos dixitais interactivos.

Unha sinxela páxina web é o punto de partida onde profesorado e alumnado preparan o seu itinerario. Desde ela poden explorar, coñecer e estudar a historia, a arte e as curiosidades dos elementos que máis tarde coñecerán in situ.

Neste vídeo práctico móstrase a funcionalidade da plataforma que acolle os Itinerarios Smart.

Cando:

Os itinerarios realizaranse a partir do mes de febreiro.

  • Envío do calendario provisional: 11 de decembro (modificacións ata o 18 de decembro, inclusive).
  • Envío do calendario definitivo: 11 de xaneiro.
  • Inicio de actividades: febreiro.

Inscricións:

Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026

Ficha de solicitude

Do 15 de setembro ao 15 de outubro

Contacto:

Federación de ANPA de centros públicos

Rúa Orzán, 21. 15001 A Coruña

itinerarioscoruna@gmail.com

Servizo municipal de Educación

Tel. 981 18 42 00 ext. 10127

educacion@coruna.gal

Recursos humanos:

Persoal especialista contratado pola Federación Provincial de ANPA de centros públicos.

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión