Programa de Educación Ambiental que promove a xestión sostible dos residuos, fomenta a redución, reutilización e reciclaxe, e dá a coñecer o Plan Municipal, a economía circular e as infraestruturas de tratamento como a planta de Nostián, os puntos limpos e a recollida selectiva
Só da Coruña
Medio Ambiente
Complementaria
Público, Concertado, Privado
Alumnado de EI, EP, ESO, BACH, FP e EE dos centros da cidade.
As actividades do programa son GRATUÍTAS.
* No caso das saídas que requiran desprazamento en autobús, a contratación e o custo do servizo correrán a cargo do centro.
Paralelamente ao aumento do nivel de vida, á prosperidade económica e ao progresivo distanciamento do ámbito ambiental, os hábitos de consumo da maioría da poboación evolucionaron cara a ignorancia da repercusión das súas accións sobre ese ámbito. Isto desencadeou graves problemas ambientais. Un dos maiores retos actuais é atopar unha solución ao tratamento e eliminación dos residuos resultantes do principio de usar "e tirar", imperante hoxe en día.
Reducir o consumo de materias primas, reutilizar manufacturas, pechar os fluxos económicos e ecolóxicos dos recursos limitados e cubrir as necesidades da poboación de maneira sostible son a base da economía circular. No Plan de Tratamento de Residuos Urbanos da Coruña apóstase por unha separación selectiva en orixe que permite unha mellor integración dos residuos nos procesos de reciclaxe e compostaxe.
ESTRUTURA
Cada módulo responde ás necesidades do seu nivel educativo:
Módulo 1: A ra dos tres ollos (4º, 5,º e 6º de EI e 1º e 2º de EP)
Módulo 2: Sete errrrrrres (3º e 4º de EP)
Módulo 3: Na Coruña temos un Plan (5º e 6º de EP)
Módulo 4: Do lineal ao circular (ESO, BACH e FP)
Módulo 5: A compostaxe comunitaria nos barrios (EE, EP, ESO, BACH e FP)
Dende o 02/10/2026 ata o 21/06/2027
Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026
Co fin de favorecer a participación do maior número posible de grupos, se as solicitudes superan a dispoñibilidade do programa, a asignación de actividades terá en conta o número de actividades solicitadas por cada grupo.
Servizo Municipal de Medio Ambiente
Tel.: 981 184 315
Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.
Tel.: 981 903 834
Os programas e as actividades asociadas poderían sufrir modificacións para o curso 2026-2027
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible