Programa de educación ambiental dirixido a coñecer os distintos tipos de animais da nosa cidade e fomentar unha tenza responsable dos animais domésticos.
Só da Coruña
Medio Ambiente
Complementaria
Público, Concertado, Privado
Alumnado de ESO, BACH e FP dos centros da cidade.
As actividades do programa son gratuítas.
* No caso das saídas que requiran desprazamento en autobús, a contratación e o custo do servizo correrán a cargo do centro.
A presenza de animais acompañando as nosas vidas nas cidades é cada vez máis frecuente. Por mor diso, nos últimos anos apareceron diversas normativas que tentan xestionar a súa tenza, intentando adiantarse ou reconducir problemas que enturban a relación entre seres humanos e animais. Fomentar un coidado responsable e ético; evitar a introdución de especies exóticas ou o comercio de especies vulnerables son tópicos de interese neste ámbito. Xunto a esta veciñanza de carácter doméstico hai outra máis natural que é a miúdo branco de críticas polas molestias que xeran: as especies silvestres que comparten connosco a cidade. Ratas, estorniños, pombas ou gaivotas son as máis coñecidas.
ESTRUTURA
Cada módulo responde ás necesidades do seu nivel educativo:
Módulo 1: A tenza responsable de animais de compañía (ESO, BACH e FP)
Dende o 02/10/2026 ata o 21/06/2027
Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026
Co fin de favorecer a participación do maior número posible de grupos, se as solicitudes superan a dispoñibilidade do programa, a asignación de actividades terá en conta o número de actividades solicitadas por cada grupo.
Servizo Municipal de Medio Ambiente
Tel.: 981 184 315
Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.
Tel.: 981 903 834
Os programas e as actividades asociadas poderían sufrir modificacións para o curso 2026/2027.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible