Programa educativo concibido como un intercambio de representacións entre os grupos de teatro escolar do Concello da Coruña. Cada grupo crea ou selecciona e ensaia unha obra de teatro, para representala noutro centro educativo, e recibe ao grupo de teatro do devandito centro.
Só da Coruña
Educación
Complementaria
Público, Concertado, Privado
Grupos de teatro escolar dos centros educativos do Concello da Coruña de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato.
Os grupos participantes distribuiranse en 3 categorías: infantil, primaria e secundaria.
O SME poderá variar a composición das 3 categorías en función do número de grupos inscritos de cada nivel educativo, co obxecto de equilibrar o número de grupos que compitan en cada categoría.
Escolar e extraescolar
Anual
Gratuíto
Ten como finalidade potenciar, promover e difundir a actividade teatral feita por escolares entre o alumnado, mediente representacións teatrais en diferentes escenarios, e fomentar a convivencia entre os grupos teatrais escolares.
Obxectivos específicos:
Condicións do programa
1. Os centros poderán inscribir o seguinte número de grupos distribuídos por etapas educativas:
2. As obras de teatro deberán ser en galego ou en castelán.
3. Cada grupo representará a súa obra no seu centro e noutro centro da mesma etapa educativa e recibirá ao grupo de teatro dese centro, de maneira que será grupo anfitrión e grupo visitante.
4. As obras de teatro poderán representarse en horario escolar ou extraescolar.
5. As representacións teatrais da Mostra axustaranse, como mínimo e máximo, á seguinte duración:
6. Os intercambios de representacións das obras teatrais realizaranse entre marzo e maio de 2027.
7. Deberes dos grupos participantes:
Gala final Mostra de Teatro Escolar 2027
O programa finalizará coa representación das obras gañadoras e a entrega de premios o venres 4 ou 11 de xuño (data por confirmar), ás 17.30 horas, no Fórum Metropolitano.
Todas as representacións serán valoradas por un xurado composto por profesionais de proxectos teatrais en Galicia e/ou docentes de grupos de teatro escolar e afeccionado.
O xurado elixirá a mellor representación en cada unha das categorías (infantil, primaria e secundaria) e poderá propor mencións especiais.
Os criterios de valoración terán en conta: a dramatización da obra, a orixinalidade ou a adaptación do texto, a escenografía, o vestiario, a calidade, corrección e fluidez lingüística e a coordinación do grupo.
Premios
Os premios entregaranse na gala final, tras a representación das obras. A entrega realizaraa o Concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego Vázquez; mentres que as mencións especiais serán entregadas polos membros do xurado.
Cada grupo gañador recibirá un cheque por valor de 100 €. As posibles mencións non terán premio económico.
Dende o 08/01/2027 ata o 11/06/2027
O intercambio de representacións da Mostra realizarase en marzo, abril e maio de 2027, nas datas e horarios que acorden os centros participantes.
A gala final realizarase o venres 4 ou o venres 11 de xuño de 2027 (data por confirmar), ás 17.30 horas, no Fórum Metropolitano.
Dende o 15/09/2026 ata o 30/10/2026
Os centros e ANPA interesados en participar deben de inscribirse a través da Ficha de solicitude (ata o día 30 de outubro).
Posteriormente, do 8 de xaneiro de 2027, ás 10.00 h., ao 26 de febreiro de 2027, ás 14.00 h., os centros e ANPA teñen que volver entrar na solicitude para confirmar a súa participación.
A selección dos grupos participantes realizarase por rigorosa orde de entrada da solicitude por centro, de tal maneira que, se se superan as previsións dun máximo de 30 grupos, a prioridade establecerase por centros. É dicir, se un centro presenta varios grupos, a prioridade será a participación do maior número de centros posibles fronte ao maior número de grupos por centro.
COORDINA: VitaEvents
Tel: 681 01 72 99 (Andrea Rodríguez)
andrea.rodriguez@vitaevents.es
Servizo Municipal de Educación
Tel.: 981 184 200 ext. 10179
Axuda económica
Cada grupo dos centros públicos e concertados recibirá unha axuda económica para afrontar os gastos de material funxible xerados pola propia actividade da montaxe das obras de teatro, por un custo máximo de 300 € por grupo. Exclúese aos centros privados non concertados da posibilidade de percibir esta axuda económica.
Considerarase "material funxible": material de oficina e papelaría, fotocopias, materiais de carpintaría, material informático, alugueiro de aparellos de megafonía, teas, disfraces, alimentos e bebidas para a recepción do grupo visitante etc.
Os gastos deberán xustificarse debidamente coas facturas correspondentes.
Transporte
O concello porá á disposición dos grupos un servizo de transporte gratuíto para os desprazamentos a outros centros, así como para os desprazamentos dos grupos premiados á gala final.
A escenografía non poderá exceder do 2,15 m. de longo para facilitar o transporte no autobús. No caso de que sexa maior, o seu transporte será responsabilidade do grupo participante.
Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible