Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tambores de aventura: historia da música militar

Un percorrido pola historia da música militar.

O alumnado cruzará as portas do Cuartel de Atocha para participar en Tambores "de aventura" da man da Comandante Xefa de Operacións Sonoras.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria dos centros educativos do municipio.

Prezo / Custo:

Gratuíto

Obxecto:

  • Recoñecer e diferenciar instrumentos.
  • Identificar ritmo, melodía e tempos.
  • Descubrir os usos da música no contexto militar e a súa influencia na música popular.

Esta actividade lúdica e formativa leva aos nenos e nenas a percorrer a historia da música militar ao mesmo tempo que aprenden a diferenciar instrumentos, a recoñecer os ritmos, as melodías e os tempos, a identificar diferentes xéneros, a descubrir os diferentes usos que se lle dá á música no contexto militar e, mesmo, un pouco da súa historia, como o seu paso ás verbenas populares.

O profesorado e alumnado dispoñerá dunha guía didáctica para ampliar os contidos e traballalos na aula.

Condicións do programa

  • O número de alumnos/as que poden participar no programa é de 100 alumnos/as por sesión (un total de 1.200 escolares entre as 12 sesións que levarán a cabo).
  • O transporte ata o Cuartel de Atocha estará dispoñible para os centros públicos situados a unha distancia que non permita o desprazamento a pé en condicións adecuadas, agás que se dean situacións que xustifiquen o seu uso. Nos casos restantes correrá a cargo do centro educativo.
  • Na inscrición dos grupos seleccionaranse dúas sesións preferentes (o mesmo día ou en datas distintas), pero só adxudicarase unha delas.

Adxudicación

Unha vez pechado o prazo de inscrición organizaranse os grupos nas distintas sesións. A distribución comunicarase aos centros e a información será publicada na web.

Cando:

Dende o 11/11/2026 ata o 19/02/2027

A actividade levará a cabo os días 11, 12 e 13 de novembro e 17, 18 e 19 de febreiro, con dúas sesións diarias, ás 10:00 e ás 11:30 horas.

Cada concerto terá unha duración de 50 minutos.

Inscricións:

Do 15 de setembro ao 15 de outubro.

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tel: 981 18 42 00 ext. 10125

educacion@coruna.gal

Organiza:

Servizo Municipal de Educación

Enderezo:

Acuartelamento de Atocha. Avda. del Metrosidero 7. 15001 A Coruña

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión