O programa de visitas escolares ofrece a posibilidade de coñecer diferentes espazos, empresas e entidades da Coruña ao alumnado dos centros educativos da cidade.
Só da Coruña
Educación
Complementaria
Público, Concertado, Privado
Alumnado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Educación Especial dos centros educativos do termo municipal da Coruña, en función dos requisitos das visitas.
O número máximo de alumnado previsto polas entidades para cada visita non poderá superarse, salvo autorización expresa da entidade responsable.
O horario será establecido por cada entidade.
Na súa maioría, as visitas roldan entre os 60 e 90 minutos de duración.
O programa de visitas escolares aglutina un amplo número de entidades da cidade e da súa contorna que ofertan a visita das súas instalacións polos centros educativos.
Cada entidade indica as condicións das visitas no que se refire aos espazos para visitar, as persoas destinatarias, a xestión dos grupos, e os horarios.
Condicións do programa
O Servizo Municipal de Educación asigna as visitas (ver "Proceso de asignación das visitas") baseándose nas condicións que indica a empresa e tendo en conta, sempre que sexa posible, as preferencias dos centros.
Proceso de asignación das visitas
O prazo de solicitude das visitas terá dúas fases:
Os centros tramitarán as solicitudes a través da ficha de inscrición.
Adxudicación provisional: o SME publicará na web municipal, o día 20 de outubro, as datas asignadas na primeira fase e o 4 de decembro as da segunda.
Abrirase un prazo de renuncia ás visitas de 5 días a partir da súa publicación na web. Tras este período as listasxes pasarán a definitivas. Se isto xerase datas vacantes chamarase á listaxe de agarda.
Adxudicación definitiva: o 10 de novembro para o primeiro trimestre e o 15 de decembro para o segundo e terceiro trimestre do curso.
| Primeiro trimestre | Segundo e terceiro trimestre | |
|---|---|---|
| Solicitude | 15 ao 30 de setembro | 2 ao 13 de novembro |
| Adxudicación provisional* | 20 de outubro | 4 de decembro |
| Adxudicación definitiva | 10 de novembro | 15 de decembro |
* prazo de renuncia: 5 días hábiles.
Nota: o programa ten establecido un número máximo de visitas e itinerarios. No caso de que a demanda fose maior que a oferta, a adxudicación realizaríase por sorteo. O SME asignará, na medida do posible, novas datas para as solicitudes que tivesen problemas coa data de adxudicación provisional. Unha vez confirmadas as datas coa entidade e o centro, estas pasarán a ser definitivas.
Servizo de transporte
Visitas e percorridos que se ofertan
A relación de visitas que se ofertan no programa son as que se enumeran a continuación.
A descrición das características de cada unha delas están recollidas no seguinte arquivo: Coruña de Aventura 2026/27 - Relación de visitas escolares
Nota: as condicións de cada visita, establecidas polas entidades colaboradoras, poden sufrir modificacións ao longo do curso.
Dende o 16/11/2026 ata o 15/06/2027
O programa de visitas realízase do 16 de novembro de 2026 ao 15 de xuño de 2027.
Dende o 15/09/2026 ata o 13/11/2026
| FICHA DE SOLICITUDE |
|---|
O prazo de solicitude terá dúas fases:
Admitiranse varias solicitudes simultáneas para o mesmo curso, que o centro ten que ordenar por preferencia.
Máis información sobre a inscrición nas apartados "Condicións do programa" e "Proceso de asignación das visitas".
Coruña de Aventura 2026/27 - Relación de visitas escolares (560 KB)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible