Simulación de reclamacións, enchemento de follas de reclamacións e análises de casos reais
Só da Coruña
Consumo
Complementaria
Público, Concertado, Privado
Este taller ten como obxectivo que o alumnado coñeza os procedementos de reclamación en materia de consumo e desenvolva habilidades para exercer os seus dereitos de maneira efectiva.
Este taller permítelle ao alumnado comprender os mecanismos de protección das persoas consumidoras, favorecendo o coñecemento dos procedementos de reclamación e resolución de conflitos. Contribúe ao desenvolvemento da competencia cidadá e a autonomía persoal, en coherencia cos obxectivos curriculares relacionados coa participación social e a educación en valores.
Promove a capacidade de actuar ante situacións de conflito e favorecer unha actitude proactiva e responsable na defensa dos seus dereitos.
Dende o 01/10/2026 ata o 21/06/2027
Dende o 15/09/2026 ata o 30/09/2026
OMIC. Oficina Municipal de Información ás persoas Consumidoras
Sede: R/ Costa da Palloza, 8. A Coruña 15006
Teléfono: 981 189 820
Fax: 981 189 821
Correo electrónico: omic@coruna.es
Páxina web: www.coruna.es/omic
Coordinadora do programa: Lidia M.ª Blanco Iglesias
Condicións xerais do programa: Dereitos e deberes das persoas consumidoras 2026-27
Programas relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible