Programa municipal de reforzo educativo en Ciencias para diminuír o fracaso escolar do alumnado escolarizado no Concello da Coruña no curso 2021/2022
Só da Coruña
Educación
Extraescolar
Alumnado de Educación Secundaria, con dificultades de motivación, comprensión e aprendizaxe no ámbito das ciencias de entre 12 e 16 anos matriculado en centros educativos da Coruña; será derivado ao SME.
TALLERES DE EDUCACIÓN SECUNDARIA-CIENCIAS | |||||
CENTRO CÍVICO | LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES |
CIENCIAS - Castrillón | 18:30-20:00 | 18:30-20:00 | |||
CIENCIAS - Elviña | 16.30 - 18.00 | 16.30 - 18.00 | |||
CIENCIAS-Monte Alto | 17:00-18:30 | 16:00-17:30 | |||
CIENCIAS - Eirís | 16.30 - 18.00 | 16.30 - 18.00 |
Gratuíta.
O taller impártese en 4 centros cívicos da cidade cun total de 4 talleres que se realizan dous días á semana cunha duración de hora e media por sesión.
Condicións do programa:
-Os grupos terán un máximo de 6 participantes
-A partir de grupos de máis de 5 persoas, o servizo será prestado por dous docentes nos espazos asignados polo centro cívico correspondente.
-As actividades deberán adaptarse ás necesidades concretas do alumnado participante, con indicadores que permitan avaliar as accións que se van a desenvolver
Dende o 04/10/2021 ata o 31/05/2022
As datas de realización poden sufrir cambios por motivos organizativos.
Aplicaranse os protocolos Covid de recepción do alumnado e de limpeza
Xa rematou
Inscricións do centro:
Mediante solicitude específica de derivación, que será enviada ao Servizo Municipal de Educación (SME); tanto desde o centro educativo como, de ser o caso, polo persoal técnico de Servizos Sociais.
Inscricións do alumnado:
Desde os centros educativos e os centros cívicos, sempre que conten con prazas suficientes, será a persoa encargada desde o SME quen realizará a inscrición oportuna á actividade, informará e coordinarase cos/as profesionais implicados/as.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible