Rutas que se ofertan
Ruta 2 e 3 anos. Espertando os sentidos (parque de Santa Margarida-contorna Casa das Ciencias)
- Temática: unha aproximación aos espazos verdes e recursos verdes da cidade a través dos elementos da natureza.
- Competencias: coñecemento e interacción co mundo físico. Lingüística.
- Transporte: o bus deixa e recolle o grupo ao pé da Casa das Ciencias. Entrada ao parque pola rúa Padre Sarmiento.
Ruta 4 anos. Historias de María Pita (praza de María Pita )
- Temática: un espazo histórico-cultural no que poder revivir e recrear o feito histórico da batalla de María Pita .
- Competencias: social e cidadá. Lingüística
- Transporte: o bus deixa e recolle o grupo en Porta Real (parada 001 bus urbano) dirección Obelisco. (pendente de confirmar segundo a evolución das obras)
Ruta 5 anos. Un museo ao aire libre (xardíns Méndez Núñez-zona monumento Curros Enríquez)
- Temática: un espazo dos xardíns de Méndez Núñez que permite profundar na arte de observar, de escoitar, de construír e de comparar.
- Competencias: Cultural e artística. Lingüística
- Transporte: o bus deixa e recolle ao grupo nos xardíns de Méndez Núñez (parada 027 do bus urbano), á beira do Copacabana (pendente de confirmar segundo a evolución das obras)
Ruta 1º EP. Habitantes dos xardíns (xardíns Méndez Núñez-zona reloxo floral)
- Temática: coñecer as personalidades ás que se lles rende homenaxe nestes xardíns. Nunha segunda parte da ruta un druída descubriralles a apócema da amizade a través do recoñecemento dalgunha das especies arbóreas que están presentes nos xardíns.
- Competencias: competencia social e cidadá. Competencia matemática. Lingüística
- Transporte: o bus deixa e recolle o grupo na zona do reloxo floral dos xardíns de Méndez Núñez (pendente de confirmar segundo a planificación das obras)
Ruta 2º EP. Tesouros de María Pita (praza de María Pita )
- Temática: coñecer con máis detalle a praza de María Pita e os segredos que esconde unha das zonas máis emblemáticas da cidade.
- Competencias: Competencia social e cidadá. Competencia matemática. Lingüística
- Transporte: o bus deixa e recolle o grupo en Porta Real (parada 001 bus urbano) dirección Obelisco (pendente de confirmar segun a evolución das obras)
Condicións do programa
- Necesidade da presenza do persoal docente co grupo e do persoal de apoio no desenvolvemento da ruta.
- O número máximo de acompañantes será dun titor/a por grupo-clase e un acompañante por cada escolar con NEE (se o centro o considera necesario)
- Os buses recollerán no centro os escolares e o profesorado media hora antes do inicio da ruta para ser trasladados ao lugar onde se realice o percorrido. Os educadores das rutas non irán nos buses, estarán a esperar no espazo onde se desenvolve a ruta.
- As rutas poderán anularse debido ás inclemencias do tempo. No caso de anulación, asignarase outra data de realización. No caso de non ser posible devolverase a cota.
- No caso de que a demanda de rutas supere os máximos sinalados para cada unha delas, procederase á adxudicación por rigorosa orde de inscrición.
Calendario
- Envío do calendario provisional: 30 de xaneiro (modificacións ata o 9 de febreiro inclusive).
- Envío do calendario definitivo: 20 de febreiro.
- Inicio de actividade: 9 de marzo.
Entidade colaboradora
Federación Provincial de Anpa de Centros Públicos
R/ Orzán, 21 | Tel. 981.202.002
15001 A Coruña
ocio@fedapascoruna.org