Concello da Coruña

Concello da Coruña

Rutas urbanas animadas 2026-2027

A cidade como espazo de descubrimento e aprendizaxe: as "Rutas urbanas animadas" son percorridos a pé pola cidade para alumnado dende os tres ata os oito anos, co obxectivo de que a coñezan, mentres adquiren valores e actitudes cívicas, realizando actividades didácticas.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público

Horario:

Dúas sesións diarias cunha duración aproximada de 80 minutos cada unha (máis o tempo de chegada e saída no autobús):

  • Sesión 1: das 10.00 ás 11.20 horas
  • Sesión 2: das 11.30 ás 12.50 horas

Prezo / Custo:

1,50 € por alumno/a.

Unha vez confirmadas as rutas e elaborado o calendario definitivo notificarase o prazo e o modo de ingreso da cota.

Obxecto:

As Rutas urbanas animadas teñen como finalidade converter a cidade nun espazo de aprendizaxe que complemente e enriqueza o traballo desenvolvido na aula. A través de experiencias adaptadas ás distintas idades, o alumnado explora espazos significativos da contorna próxima, observa os seus elementos naturais, culturais e patrimoniais, e establece vínculos coa historia e a identidade da nosa cidade .

O programa promove o coñecemento do medio físico, social e cultural, e favorece a observación, a curiosidade e a interacción coa contorna mediante metodoloxías participativas, lúdicas e experienciales. Deste xeito, contribúe ao desenvolvemento de competencias relacionadas coa comunicación lingüística, a competencia cidadá, a conciencia e a expresión cultural, o coñecemento da contorna e a aprendizaxe persoal e social. As diferentes propostas facilitan a conexión entre as aprendizaxes escolares e a realidade próxima, e favorecen a súa integración nas situacións de aprendizaxe e na programación xeral anual dos centros educativos.

Desta forma, a cidade convértese nun recurso educativo que permite conectar os contidos curriculares con experiencias directas, e que lle axuda ao alumnado a comprender mellor o lugar onde vive, a valorar o seu patrimonio e a recoñecerse como parte activa da súa comunidade.

Condicións do programa

  • Necesidade da presenza do persoal docente co grupo e do persoal de apoio no desenvolvemento da ruta.
  • O número máximo de acompañantes será dun titor/a por grupo/clase e un acompañante por cada escolar con NEE (se o centro así o considera).
  • Os buses recollerán no centro os escolares e o profesorado media hora antes do inicio da ruta para ser trasladados ao lugar onde se realice o percorrido. Os educadores das rutas non irán nos buses, estarán a esperar no espazo onde se desenvolve a ruta.
  • As rutas poderán anularse debido ás inclemencias do tempo. No caso de anulación, asignarase outra data de realización. No caso de non ser posible devolverase a cota.
  • No caso de que a demanda de rutas supere os máximos sinalados para cada unha delas, procederase á adxudicación por rigorosa orde de inscrición.

Rutas que se ofertan

Ruta 2 e 3 anos: Despertando os sentidos (parque de Santa Margarida - contorna da Casa das Ciencias)

  • Temática: unha aproximación aos espazos verdes e recursos verdes da cidade a través dos elementos da natureza.
  • Competencias: coñecemento e interacción co mundo físico. Lingüística.
  • Transporte: o bus deixa e recolle o grupo ao pé da Casa das Ciencias. Entrada ao parque pola rúa Padre Sarmiento.

Ruta 4 anos: Historias de María Pita (praza de María Pita )

  • Temática: un espazo histórico-cultural no que poder revivir e recrear o feito histórico da batalla de María Pita .
  • Competencias: social e cidadá. Lingüística
  • Transporte: o bus deixa e recolle o grupo en Porta Real (parada 001 bus urbano) dirección Obelisco.

Ruta 5 anos: Un museo ao aire libre (xardíns Méndez Núñez - zona monumento Curros Enríquez)

  • Temática: un espazo dos xardíns de Méndez Núñez que permite profundar na arte de observar, de escoitar, de construír e de comparar.
  • Competencias: cultural e artística. Lingüística
  • Transporte: o bus deixa e recolle o grupo nos xardíns de Méndez Núñez (parada 027 do bus urbano), á beira do Teatro Colón.

Ruta 1º EP: "Habitantes dous xardíns" (xardíns Méndez Núñez - zona reloxo floral)

  • Temática: coñecer as personalidades ás que se lles rende homenaxe nestes xardíns. Nunha segunda parte da ruta un druída descubriralles a apócema da amizade a través do recoñecemento dalgunha das especies arbóreas que están presentes nos xardíns.
  • Competencias: competencia social e cidadá. Competencia matemática. Lingüística
  • Transporte: o bus deixa e recolle o grupo na zona do reloxo floral dos xardíns de Méndez Núñez (parada 027 do bus urbano) (Pendente de confirmar segundo a planificación das obras)

Ruta 2º EP: Tesouros de María Pita (praza de María Pita )

  • Temática: coñecer con máis detalle a Praza de María Pita e os segredos que esconde unha das zonas máis emblemáticas da cidade.
  • Competencias: competencia social e cidadá. Competencia matemática. Lingüística
  • Transporte: o bus deixa e recolle o grupo en Porta Real (parada 001 bus urbano) dirección Obelisco

Calendario

  • Envío do calendario provisional: 29 de xaneiro (modificacións ata o 9 de febreiro inclusive).
  • Envío do calendario definitivo: 19 de febreiro.
  • Inicio de actividade: 8 de marzo.

Entidade colaboradora

Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos

R/ Orzán, 21 | Tel. 981.202.002

15001 A Coruña

ocio@fedapascoruna.org

Cando:

Dende o 08/03/2027 ata o 30/04/2027

Calendario provisional: 29 de xaneiro

Calendario definitivo: 19 de febreiro

Inicio da actividade: 8 de marzo

Inscricións:

Dende o 15/09/2027 ata o 15/10/2027

Ficha de solicitude

Do 15 de setembro ao 15 de outubro

Contacto:

Federación de ANPA de Centros Públicos

R/ Orzán, 21

15001 A Coruña

Tel.: 981 184 200, exts. 22012 e 22013

rutas@fedapascoruna.org

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 184 200, ext. 10127

educacion@coruna.gal

Recursos materiais:

O alumnado de EP recibirá un caderno pequeno para completar as súas actividades.

Recursos humanos:

Cada grupo de 15 escolares irá acompañado por un educador ou educadora, ademais de polo seu profesorado.

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión