Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Para a celebración do Samaín propóñense uns talleres e un pasacalles para realizar co alumnado dos centros educativos da cidade.
Localización do centro:
Só da Coruña
Servizo municipal:
Educación, Empleo
Titularidade do centro:
Público, Concertado
A quen vai dirixido?:
Alumnado de Educación Primaria dos centros públicos e concertados da cidade.
Obxecto:
Esta actividade exponse co obxectivo de dar a coñecer o comercio de proximidade ao alumnado de Educación Primaria, creando nas persoas máis novas un vínculo para o futuro fronte ás grandes superficies e o comercio electrónico. A actividade, que se enmarca na celebración do Samaín, permitirá a participación de 8 aulas de distintas zonas da cidade.
Descrición da actividade
A proposta consta de dúas actividades relacionadas, coas que o alumnado gozará creando o seu disfrace e realizando con el, polos pequenos comercios da cidade, unha ruta de truco "ou trato".
Talleres
Os talleres levarán a cabo ao redor de mediados do mes de outubro, acordando o calendario con cada centro educativo.
Dedicarase un mínimo de 3 horas en cada centro escolar e incluirá: unha charla sobre o significado e orixe do Samaín, taller para elaboración de disfraces e confección dun estandarte identificativo do centro escolar para utilizar o día do pasacalles.
Cada taller será atendido, como mínimo, por 2 monitores/as.
Todo o material dos disfraces, que estarán relacionados coa temática de Samaín e serán distintos para cada centro, será facilitado polo concello.
Pasacalles "truco ou trato"
O pasacalles terá lugar entre o 20 e o 30 de outubro, nunha data acordada coa dirección e profesorado.
Cada grupo estará integrado exclusivamente polo alumnado da aula participante na actividade. Buscarase a proximidade do centro escolar co barrio comercial e, de non ser posible, o concello asumirá os custos de transporte para o seu desprazamento.
Os itinerarios e percorridos serán planificados de forma que poidan ser asumidos por nenos e nenas de idades comprendidas entre 6 e 12 anos.
Proporcionarase a cada comercio que forme parte do itinerario do pasacalles castañas ou lambetadas para repartir entre o alumnado participante para facer "truco ou trato".
Premio
Cada un dos colexios participantes recibirá como premio pola súa participación un cheque-regalo de 300€ para material escolar, que deberá ser gastado nun establecemento da cidade (que se indicará posteriormente).
O centro escolar proporcionará unha aula onde poder desenvolver o taller.
O centro poñerá a disposición un profesor/a para colaborar na atención do alumnado, tanto durante o taller na aula, como durante a saída (no autocar e no pasacalles)
O centro deberá dispoñer dos permisos para que o alumnado poida realizar a actividade, especialmente no que respecta ao pasacalles.
Confirmar os permisos de cesión de fotografías dos/as participantes.
Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible