Concello da Coruña

Concello da Coruña

Semana da prevención de incendios

O alumnado participará en talleres didácticos guiados por bombeiros da Coruña para coñecer as accións necesarias para a prevención de incendios, a evacuación e a autoprotección en situacións de emerxencias.

En concreto, explicaranlles as pautas xerais de como deben actuar ante un incendio ou nun espazo con moito fume, farán unha demostración de como se utiliza un extintor (co profesorado) e practicarán manobras de primeiros auxilios.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria.

Horario:

Os horarios para as visitas escolares son as seguintes:

  • Xoves 1 de outubro: de 11.00 a 13.00 horas (50 persoas)
  • Venres 2 de outubro: de 10.00 a 11.30 e de 12.00 a 13.30 horas (100 persoas)
  • Luns 5 de outubro: de 10.00 a 11.30 e de 12.00 a 13.30 horas (50 persoas)

Tipo de actividade:

Formativa

Prezo / Custo:

Gratuíto

Cando:

Dende o 01/10/2026 ata o 05/10/2026

A Semana da Prevención de Incendios terá lugar do 1 ao 5 de outubro na praza de María Pita .

Inscricións:

Dende o 15/09/2026 ata o 20/09/2026

Os centros inscribiranse enviando un correo electrónico a d.hermida@coruna.gal coa seguinte información:

  • Nome do centro educativo.
  • Curso/s interesados en participar (cada centro poderá solicitar a actividade para un máximo de 50 nenos e nenas). En caso de ter máis de 50 alumnos e alumnas nun curso, valorarase que poidan participar na quenda do venres.
  • Nome e contacto do docente responsable.

A selección de colexios farase por orde de inscrición, pero darase preferencia a centros que non participasen en anos anteriores. Unha vez cubertas as prazas, informarase por correo electrónico.

Contacto:

Bombeiros da Coruña

d.hermida@coruna.gal

Recursos materiais:

O Servizo de Educación proporcionará transporte para a actividade aos centros que participen na mesma.

Organiza:

Seguridade Cidadá en coordinación co Servizo de Educación.

Enderezo:

Praza de M.ª Pita . Praza Mª Pita s/n. 15001 A Coruña

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión