Concello da Coruña

Concello da Coruña

Semente 2026-27

Programa educativo que fomenta os valores da economía social e o espírito emprendedor a través da creación e xestión dunha cooperativa escolar na aula.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Empleo

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria e alumnado de Educación Especial de centros educativos do concello.

Obxecto:

O obxectivo xeral do programa Semente é difundir a cultura da economía social e actitude emprendedora entre o alumnado de Primaria e de Educación Especial.

Os obxectivos específicos son os seguintes:

  • Fomentar os valores de emprendimento e cooperación, nun contexto creativo e lúdico.
  • Favorecer a autonomía persoal e a participación en diferentes contextos sociais.
  • Impulsar o coñecemento do comercio xusto e da economía social nas escolas.
  • Coñecer as normas básicas de funcionamento en grupo.
  • Iniciar o alumnado nos principios básicos de márketing, contabilidade, impostos...

O proxecto trata de promover a adquisición da competencia emprendedora, a través dun instrumento central: a creación e a xestión dunha cooperativa escolar de fabricación de produtos, que posteriormente venderán nun mercado. Para iso, o programa reproducirá situacións reais no proceso de constitución dunha empresa e as súas actividades.

O alumnado destina unha parte dos beneficios obtidos na venda a doazóns a entidades benéficas, o cal tamén redunda en espertar un sentido solidario, e o resto dedícao a realizar unha actividade conxunta cos seus compañeiros/as.

O proxecto favorece o desenvolvemento de competencias emprendedoras entre os nenos e nenas (capacidade creativa, motivación, comunicación, negociación, toma de decisións, planificación...), traballando ao mesmo tempo materias transversais: cálculo, lingua, plástica...

Condicións do programa

O programa adáptase ao horario escolar e ás necesidades de cada centro.

Contidos

Fase I - Formación do alumnado: 5 módulos de formación sobre cooperativismo e 4 talleres prácticos para a elaboración dos produtos.

Fase II - Celebración do Mercado.

Metodoloxía

O proxecto consiste na impartición de módulos, por parte de docentes expertos en cooperativismo, sobre o que é unha cooperativa, a súa constitución e o desenvolvemento da súa actividade. Para a elaboración dos produtos o alumnado recibe formación de apoio (talleres prácticos).

As cooperativas participantes solicitan e obteñen no mes de abril a Licenza de venda nun acto protocolario no Salón de Plenos do Concello.

Para finalizar, o alumnado vende os produtos elaborados no Mercado Semente.

Cando:

Setembro: período de información ao profesorado, inscricións, coordinación e organización dos módulos.

Outubro-abril: desenvolvemento de 9 sesións formativas (5 módulos de cooperativismo e 4 módulos de elaboración de produtos).

Abril: acto de entrega das licenzas de venda.

Finais de maio/principios de xuño: Mercado Semente.

Inscricións:

Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026

Inscrición centros

Ficha de solicitude

Contacto:

Servizo Municipal de Emprego e Empresa

Tel. 981 184 399 e 981 189 855

empresa@coruna.gal

/empresa/gl

Documentos:

Proxecto Semente: bases curso 2026/2027 (164 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión