Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
“Sentidiño na rede”: Prevención de adiccións dixitais e uso inadecuado das novas tecnoloxías 2020-21
Os recursos que proporcionan as novas TIC encobren os riscos que pode levar o seu uso inadecuado. O fácil acceso ás redes sociais en liña e a maior presenza de dispositivos móbiles con conexión a Internet entre a mocidade fai necesario informar sobre o uso adecuado destas tecnoloxías.
Este taller promove o uso responsable e seguro das tecnoloxías da información e comunicación (TIC) previndo o seu uso excesivo e inadecuado e fomentando, entre as persoas usuarias máis novas, o bo uso destas tecnoloxías.
Localización do centro:
Só da Coruña
Servizo municipal:
Benestar social
Tipo de actividade:
Complementaria
Titularidade do centro:
Privado, Público, Concertado
A quen vai dirixido?:
Alumnado de 2º e 3º de ESO
Obxecto:
Abordar as seguintes temáticas relacionadas coa prevención de adiccións dixitais:
Diferenzas entre uso-abuso-adicción ás novas tecnoloxías
Privacidade, identidade dixital e reputación en liña (acceso a contidos inadecuados, cesión de datos dixitais, suplantación de identidades)
Comportamento en liña (convivencia na rede, riscos de comportamentos inadecuados na rede, uso adecuado e seguro de tecnoloxías dixitais, hábitos de uso razoable das TICS)
Ciberacoso (sexting, grooming...): identificación de riscos, estratexias de prevención e protección, identificación de mecanismos de denuncia
Promoción de valores e normas. Establecemento dun estilo de vida saudable en relación coas novas tecnoloxías.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible