Programa de Educación Ambiental que promove a sustentabilidade no fogar, fomentando hábitos responsables no uso da auga, a enerxía e os recursos na vida cotiá.
Só da Coruña
Medio Ambiente
Complementaria
Público, Concertado, Privado
Alumnado de ESO, BACH e FP dos centros da cidade.
A través dun enfoque práctico e próximo, este programa ensina a optimizar o consumo, reducir os residuos e adoptar un estilo de vida máis consciente. As actividades e materiais están deseñados para mostrar como pequenos xestos no ámbito doméstico poden minimizar o impacto ambiental e, ao mesmo tempo, mellorar a calidade de vida. Deste xeito, refórzase o compromiso cidadán cun modelo de desenvolvemento máis xusto, equilibrado e sustentable.
Cada módulo responde as necesidades do seu nivel educativo:
Módulo 1: Sustentabilidade no fogar: o que facemos conta (ESO, BACH e FP)
Dende o 04/11/2025 ata o 19/06/2026
Dende o 16/09/2025 ata o 16/10/2025
Servizo Municipal de Medio Ambiente
Tel.: 981 184 315
Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.
Tel.: 981 903 834
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible