Este taller aborda diferentes contidos relacionados coa igualdade e co respecto da diversidade, aproveitando o valor simbólico do xogo, a narración e a ilustración de historias e reforzando nos e nas menores, de maneira transversal, capacidades como o autoconcepto, o autocontrol e as relacións entre iguais.
Só da Coruña
Igualdade
Complementaria
Alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria.
En horario lectivo dos centros educativos.
Condicións do programa/taller
Temáticas e formatos ou técnicas de traballo
1. Relación de temáticas que poden abordarse no taller*:
*As temáticas propostas poderán variar ao longo da duración do contrato para adaptarse ás novas realidades e necesidades detectadas polos centros educativos.
2. Relación de formatos para o desenvolvemento do taller*:
*Todos os formatos abordaranse con perspectiva de xénero.
Duración
Cada taller terá unha duración máxima de 2 horas, recomendándose a distribución das mesmas en varias xornadas consecutivas no tempo, axustándose en calquera caso á dispoñibilidade do centro educativo.
Metodoloxía
Participativa (individual e a través de dinámicas grupais) e lúdica.
Os contidos e materiais didácticos empregados estarán axustados ao nivel educativo e curso do alumnado participante.
As actividades realizadas para o desenvolvemento do taller respectarán o formato ou técnica seleccionada polo centro educativo. Estes formatos implican a realización de actividades novas, evitando aquelas de uso cotián na aula, por exemplo colorear ou encher fichas didácticas.
O desenvolvemento do taller abordará de maneira transversal o fomento de habilidades de comunicación e empatía entre o grupo de iguais.
Procedemento de actuación polo centro educativo
Datas de celebración pendentes de determinar.
Datas de inscrición pendentes de determinar.
Centro de Información ás Mulleres (CIM Coruña)
E-mail: cim@coruna.gal
Tel.: 981 184 200 ext. 67905 - 67906
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible