Taller que aborda a saúde afectivo-sexual desde unha perspectiva de xénero, no que se traballan as diferenzas na transmisión de valores emocionais, afectivos e sexuais segundo se trate de mozas ou de mozos, as repercusións que teñen ditas diferenzas nas súas vidas e o impacto causado, neste ámbito tan importante da saúde, polos roles e estereotipos socialmente establecidos.
Só da Coruña
Igualdade
Complementaria
Alumnado de 2º a 4º de ESO, Bacharelato e Formación profesional Básica e Media.
En horario lectivo dos centros educativos.
Obxectivos xerais
Obxectivos específicos
Introdución
Non existe unha sexualidade "normal", "correcta ou incorrecta". Todo aquilo que provoque un desexo ou unha curiosidade é adecuado. Só hai unha regra para unha sexualidade saudable: o respecto a un/unha mesmo/a e cara ás demais persoas.
Neste taller abórdanse as consecuencias que ten unha educación afectiva que se elabora de modo diferente segundo se dirixa ás mozas ou aos mozos e que perpetúa, no conxunto da sociedade, diferentes expectativas segundo o xénero.
Existen un gran número de factores sociais que están a influír na aprendizaxe, as actitudes e condutas afectivas e sexuais da adolescencia e mocidade. Estes factores contribúen a manter e reforzar os roles e estereotipos de xénero, as desigualdades na parella e a violencia de xénero dentro e fóra da parella, destacando especialmente as violencias sexuais.
Estes factores evidencian un único modelo sexual, predominantemente masculino, heterosexual, carente de mensaxes positivas, centrado no gozo persoal, na xenitalidade e nas relacións de poder e sometemento por parte dos homes sobre as mulleres.
A saúde afectivo sexual forma parte da saúde integral da persoa, de aí a necesidade de abordar temas de sexualidade e afectividade dentro das aulas, para que o alumnado poida dispoñer dun espazo onde revisar e cuestionar este modelo afectivo sexual tan pouco saudable.
Igualmente, existen tantas sexualidades como persoas hai no mundo, polo que a educación sexual debe ter en conta esta realidade, defender o dereito á diversidade sexual e a vivir de forma positiva o feito sexual humano e as súas posibilidades desde o respecto e a igualdade.
Condicións do programa/taller
Metodoloxía
As actividades serán participativas, adaptaranse ás necesidades do alumnado e terán como eixe condutor o respecto en temas tan delicados ou sensibles como a saúde afectivo sexual.
Potenciarase o intercambio de ideas, creando un clima de confianza no que ao alumnado lle resulte fácil falar das súas propias emocións e preocupacións, sen sentirse cuestionado.
Os contidos e materiais didácticos empregados estarán axustados ao nivel educativo e curso do alumnado participante.
O desenvolvemento do taller abordará de maneira transversal o fomento de habilidades de comunicación e empatía entre o grupo de iguais.
Duración
Cada taller terá unha duración de 4 horas, secuenciadas en distintas sesións de 2 horas de duración máxima por sesión. Con todo, os horarios acordaranse con cada centro educativo.
As sesións secuenciaranse consecutivamente e o máis próximas no tempo posibles.
Procedemento de actuación polo centro educativo
Cada centro poderá seleccionar un máximo de dous talleres, seleccionando o centro educativo o nivel educativo e curso que considere máis adecuado dos que se relacionan no apartado de "a quen vai dirixido?".
Datas de celebración pendentes de determinar.
Datas de inscrición pendentes de determinar.
Centro de Información ás Mulleres (CIM Coruña)
E-mail: cim@coruna.gal
Tel.: 981 184 200 ext. 67905 - 67906
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible