Concello da Coruña

Concello da Coruña

Todo público: teatro para centros escolares 2025-26 (outono)

O IMCE ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar de forma segura.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

IMCE

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI (5 anos) - EP - ESO - BACH

Prezo / Custo:

Prezo da entrada: 2,00 € por alumna/ou para o alumnado de todos os niveis; e gratuíta para o profesorado acompañante.

    Obxecto:

    Achegar as artes escénicas ao público infantil e xuvenil, en horario escolar

    CONDICIÓNS DE INSCRICIÓN

    • O 16 de setembro abrirase o prazo para que se poidan inscribir na oferta de outono 2025. Posteriormente serán informados do prazo de inscrición para a tempada de primavera 2026.

    Agradecemos que cada grupo se inscriba nunha única obra de teatro durante o curso para que todos os centros teñan opción a inscribirse nalgunha das funcións.

    Prezo da entrada: 2,00 € por alumna/ou para o alumnado de todos os niveis; e gratuíta para o profesorado acompañante.

    • Cada grupo deberá estar acompañado, polo menos, por unha persoa responsable do centro.

    • A programación de educación infantil está pensada para escolares a partir dos 5 anos.

    • A capacidade máxima será de 300 espectadores/as (incluído o profesorado); ou o que estipule a lexislación sanitaria vixente en cada momento.

    En función das características do espectáculo e do nivel dos/as escolares, pódese producir unha redución da capacidade da sala.

    ADXUDICACIÓN:

    • As prazas adxudicaranse automaticamente por rigorosa orde de petición.
    • Se houbese máis demanda de prazas que oferta, abriríase unha lista de espera para cada función, co obxecto de cubrir posibles baixas de grupos ou centros.
    • IMPORTANTE: a aplicación informática de inscrición emite un informe da súa inscrición. Comprobe se ten as prazas adxudicadas ou se se atopan en lista de espera.

    RETIRADA E ABOAMENTO DAS ENTRADAS

    1. As entradas deben ser retiradas e aboadas no prazo que consta no calendario que aparece a continuación.

    2. No caso de que non se faga o pagamento no prazo estipulado, adxudicaránselle as entradas a outro centro escolar que estea na listaxe de espera.

    3. As entradas recolleranse no Fórum Metropolitano, con cita previa (chamando ao teléfono 981 184 297).

    O pago poderase realizar en efectivo ou con tarxeta.

    4. No momento de aboar as entradas, poderase reducir o número de reservas ou aumentalas, se quedan prazas vacantes.

    5. Permitiranse un máximo dun 10% de devolucións (sobre a reserva feita polo centro nun primeiro momento), coa condición de que non excedan de 10 entradas por función e centro. O importe será devolto ao termo da función, no Fórum. No caso de que fosen aboadas con tarxeta de crédito haberá que presentala.

    6. A factura seralle enviada ao centro escolar unha vez realizada a función.

    PAUTAS QUE HAI QUE SEGUIR NO FÓRUM PARA QUE O ESPECTÁCULO SEXA UN ÉXITO

    1) Vimos todos/as a divertirnos e a gozar do teatro, sen esquecer respectar sempre o traballo das persoas que están no escenario e na sala.

    Debemos seguir as instrucións do persoal de sala en todo momento e actuar con responsabilidade.

    2) A hora destacada na entrada é a hora de inicio da función polo que os grupos deberían estar en Fórum polo menos 10 ou 15 minutos antes do inicio da dita función.

    3) Agradécese puntualidade.

    4) Agradécese que a entrada e saída do edificio se fagan en orde e no maior silencio posible, para lles evitar molestias ás persoas usuarias e traballadoras do Fórum.

    5) Todas as persoas que asistan ao espectáculo accederán ao auditorio portando cada unha a súa entrada.

    6) Unha vez que comece o espectáculo, non se permitirá o acceso ao auditorio.

    7) Por seguridade, hai que deixar libres os corredores e as portas de emerxencia do auditorio.

    8) Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función. Se queren unha foto de grupo, poderán sacala ao termo da función, despois do previo aviso á xefa de sala.

    9) Non está permitido comer nin beber no auditorio.

    PROGRAMACIÓN

    Lugar: todos os espectáculos serán no Fórum Metropolitano.

    TEATRO PARA EDUCACIÓN INFANTIL (5 anos) E EDUCACIÓN PRIMARIA

    Espectáculo

    Compañía

    Nivel educativo

    Datas

    Horario

    Duración

    Data tope de aboamento

    Capacidade

    Gabinete Mirabilia

    Pablo Sánchez (Galicia)

    EI (5 anos) - 1º ciclo EP

    3 de outubro de 2025

    10.00 e 12.00 h

    50 min

    29 de setembro de  2025

    100 EI

    150 EP

    A nena que vivía nunha caixa de mistos

    Caramuxo Teatro (Galicia)

    EI (5 anos) - 1º ciclo EP

    14 de novembro de 2025

    10.00 e 12.00 h

    45 min

    10 de novembro de 2025

    100 EI

    150 EP

    Trogloditas

    Tanxarina (Galicia)

    2º e 3º ciclo EP

    21 de novembro de  2025

    10.00 e 12.00 h

    50 min

    17 de novembro de  2025

    250

    Historia dunha nena namorada do mar

    O Sol de Outono (Galicia)

    2º e 3º ciclo EP

    5 de decembro de  2025

    10.00 e 12.00 h

    45 min

    1 de decembro de 2025

    290

    Frida

    A Cova das Letras (Galicia)

    EI (5 anos) - 1º ciclo EP

    12 de decembro de  2025

    10.00 e 12.00 h

    50 min

    9 de decembro de  2025

    100 EI

    150 EP

    TEATRO PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA - BACHARELATO

    Espectáculo

    Compañía

    Nivel educativo

    Datas

    Horario

    Duración

    Data tope de aboamento

    Capacidade

    Las preciosas ridículas

    Arroz con Costra Producciones (Alacante)

    ESO - Bach

    24 de outubro de 2025

    11.30 h

    70 min

    20 de outubro de 2025

    290

    O escaparate

    Salidas de emergencia (Galicia)

    ESO - Bach

    28 de novembro de 2025

    11.30 h

    75 min

    24 de novembro de 2025

    290

    Cando:

    A inscrición ábrese para centros do municipio o 16 de setembro de 2025 ás 9.00 h e o 18 de setembro para centros de fóra do municipio

    Inscricións:

    Dende o 16/09/2025 ata o 16/10/2025

    Contacto:

    AUDITORIO DO FÓRUM METROPOLITANO

    R/ Río de Monelos, 1. 15006 A Coruña

    COORDINACIÓN DO PROGRAMA

    "Todo público: Teatro para centros escolares": María Dores Pardo Pallas

    forummetropolitano@coruna.gal

    T: 981 184 297

    Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

    Sede: Casa Paredes. Avda. dá Mariña, 18 (Edificio Casa Paredes) 15001 A Coruña

    Tel. 981 184 233

    imce@coruna.gal

    Organiza:

    IMCE. Instituto Municipal Coruña Espectáculos e Servizo Municipal de Educación

    Enderezo:

    Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

    Documentos:

    TODO PÚBLICO Outono 2025 - info para folleto EI - EP (928 KB)

    TODO PÚBLICO Outono 2025 - info para folleto ESO - Bach (673 KB)

    Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión