Concello da Coruña

Concello da Coruña

Vexo, vexo: biodiversidade e espazos verdes 2025-26

Programa de educación ambiental que pon en valor a biodiversidade e os beneficios dos espazos verdes urbanos, promovendo o seu coidado e conservación, con especial atención aos ENILes municipais.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI, EP, ESO, BACH, FP e EE dos centros da cidade.

Obxecto:

  • Adquirir conciencia e sensibilización para o coidado da contorna máis próxima.
  • Ofrecer unha diversidade de experiencias e comprensión do medio que nos rodea, así como un contacto directo co mesmo.
  • Recoñecer a importancia que adquiren os "espazos verdes" na planificación urbana.
  • Coñecer as solucións baseadas na natureza como o futuro da planificación sustentable.

As cidades e a contorna urbana son ecosistemas nos que conviven especies de flora e fauna que se adaptaron a un novo ambiente. Nun medio tan transformado, no que dominan o asfalto e o cemento, estes habitantes atopan lugares e formas para cubrir as súas necesidades vitais. Unha cidade como A Coruña ofrece moitas posibilidades neste sentido: unha longa liña de costa, parques e xardíns de diferente configuración e superficie son os seus principais elementos. É vital que a cidadanía comprendamos e valoremos a importancia do mantemento destes lugares pola súa biodiversidade e contribución á calidade ambiental.

Estrutura

Cada módulo responde as necesidades do seu nivel educativo:

Módulo 1: Un espazo único: a lagoa de Eirís (4º, 5º e 6º de EI)

  • Charla interactiva (1 hora): Un espazo único: a lagoa de Eirís.
  • Taller (1 hora): Gran póster da biodiversidade da lagoa de Eirís.
  • Saídas, conclusións e reflexión (2 horas): Saída ao parque e a lagoa de Eirís.

Módulo 2: Os segredos do Parque de Santa Margarita (1º e 2º de EP; EE)

  • Charla interactiva (1 hora): Os segredos do Parque de Santa Margarita.
  • Taller (1 hora): A miña primeira guía de árbores.
  • Saídas, conclusións e reflexión (2 horas): Parque de Santa Margarita.

Módulo 3: Desde o Monte e ENIL Illas de San Pedro (3º e 4º de EP)

  • Charla interactiva (1 hora): Desde o Monte e ENIL Illas de San Pedro.
  • Taller (1 hora): Unha xanela ao ENIL Illas de San Pedro (creación dun diorama).
  • Saídas, conclusións e reflexión (2 horas): Monte e ENIL Illas de San Pedro.

Módulo 4: A vida do ENIL Torre de Hércules (5º e 6º de EP)

  • Charla interactiva (1 hora)
  • Taller (1 hora)
  • Saídas, conclusións e reflexión (2 horas)

Módulo 5: O noso espazo verde (EP)

  • Charla interactiva (1 hora): O noso espazo Verde.
  • Taller (1 hora): Fomento da biodiversidade: hotel de insectos para o colexio.
  • Saídas, conclusións e reflexión (2 horas): Campo de Marte, Parque de Oza, Xardíns de Méndez Núñez, Xardíns de San Carlos, Parque da Maestranza.

Módulo 6: Anillamiento científico de aves (ESO, BACH e FP)

  • Charla interactiva (1 hora): Anillamiento científico de aves.
  • Taller + Saída, conclusións e reflexión (3 horas): ENIL Torre de Hércules, Cecebre ou outros (en función das datas do ano).

Cando:

Dende o 04/11/2025 ata o 19/06/2026

Inscricións:

Dende o 16/09/2025 ata o 16/10/2025

Ficha de solicitude

Contacto:

Servizo Municipal de Medio Ambiente

Tel.: 981 184 315

educacionambiental@coruna.gal

Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.

Tel.: 981 903 834

Máis información:

Os programas e as actividades asociadas poderían sufrir modificacións para o curso 2025-2026.

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión