Visitas aos Mercados Municipais para coñecer o seu funcionamento e poñer en valor a importancia da alimentación no ámbito educativo, xerando hábitos de vida saudables a través da alimentación.
Só da Coruña
Consumo
Complementaria
Público, Concertado, Privado
Alumnado de 1º a 4º de Educación Primaria de centros escolares da Coruña
Elección de días: martes, mércores ou xoves non festivos en período escolar, en horario de 10:00 a 13:00 horas.
Visita guiada a un mercado municipal, realización de actividades prácticas e taller. Degustación dun aperitivo.
Gratuíto
Poñer en valor a importancia de consumir alimentos frescos, diferenciar a orixe dos alimentos e coñecer os diferentes alimentos derivados.
Descrición da actividade
O programa Visita o teu mercado ofrécelle ao alumnado de primeiro e segundo ciclo de educación primaria dos centros escolares da Coruña a posibilidade de visitar os Mercados Municipais do concello (praza de Lugo, San Agustín e Elviña) para coñecer o seu funcionamento e poñer en valor, a través de diferentes actividades lúdicas e un taller didáctico, a importancia da alimentación no ámbito educativo, xerando hábitos de vida saudables a través da alimentación.
Cada sesión ten unha duración de dúas horas (máis o desprazamento ao mercado) e componse dunha visita ao mercado, un taller didáctico e a degustación dun aperitivo.
Desenvolvemento da actividade
No mercado, os grupos serán recibidos polas persoas responsables do programa.
Logo do previo recibimento, entregaráselle material de apoio a cada escolar e ao profesorado que o acompañe (obrigatorio dous profesores/as por grupo mínimo) para que poidan ir seguindo a visita. A continuación, realizarase unha visita guiada por todos os pavillóns. En cada pavillón (peixe, froita-verdura, carnes, pan e outros) faranse diferentes actividades prácticas e de dinamización.
Ao remate da visita realizarase un taller de alimentación saudable e comercio de proximidade e, para terminar, as persoas participantes gozarán dun aperitivo de degustación e recibirán un pequeno obsequio.
Propoñeráselles aos colexios a realización dun traballo final en equipo (un por centro escolar) para realizar na aula, no que poñan en valor os coñecementos adquiridos e as pautas que hai que seguir para unha alimentación saudable.
Dende o 01/10/2025 ata o 19/06/2026
Dende o 16/09/2025 ata o 16/10/2025
OMIC. Oficina Municipal de Información ás persoas Consumidoras
Sede: Costa da Palloza, 8. A Coruña 15006
Responsable da actividade: Lidia M.ª Blanco Iglesias (técnica de Consumo)
Tel.: 981 189 820
Os grupos dos centros educativos acudirán ao Mercado Municipal escollido/asignado (praza de Lugo, San Agustín ou Elviña) con dous/dúas profesores/as como mínimo por grupo (OBRIGATORIO) e as persoas adultas responsables que considere oportuno o centro escolar. Aconséllase que os/as acompañe unha persoa responsable do comedor.
O profesorado deberase identificar ante o/a monitor/a acompañante da visita e será en todo momento responsable do grupo visitante, e velará polo correcto cumprimento das normas, horarios e o uso adecuado das instalacións.
O traslado do alumnado dende o centro escolar ata o mercado poderán realizalo en autobús ou camiñando. Preferiblemente realizarase camiñando, se o centro educativo está situado preto do mercado, de forma que poidan realizar o traxecto en aproximadamente 10/15 minutos camiñando. En caso contrario, se o centro escolar está situado a máis distancia, poden solicitar realizar o traslado en autobús. Os centros escolares que soliciten o traslado (ida/volta) en autobús deben solicitalo previamente e está suxeito á autorización municipal.
A elección do mercado por parte do centro debe solicitarse en función de proximidade e concederase en función das solicitudes recibidas e tentando que haxa unha repartición homoxénea para poder visitar os 3 mercados ao final do proxecto.
Os grupos serán de 20-25 alumnos/as (aproximadamente unha clase).
As visitas concederanse por orde de solicitude e ata completar as 60 previstas no programa.
A concesión comunicaráselle ao centro escolar por correo electrónico ou por teléfono e concretarase o día, a hora e o mercado que se vai visitar.
Terase en conta que se realicen visitas de forma homoxénea aos 3 mercados. Deste xeito, os centros educativos poderán elixir o mercado sempre que haxa disposición de datas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible