Concello da Coruña

Concello da Coruña

Visitas escolares 2026-27

O programa de visitas escolares ofrece a posibilidade de coñecer diferentes espazos, empresas e entidades da Coruña ao alumnado dos centros educativos da cidade.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Educación Especial dos centros educativos do termo municipal da Coruña, en función dos requisitos das visitas.

O número máximo de alumnado previsto polas entidades para cada visita non poderá superarse, salvo autorización expresa da entidade responsable.

Horario:

O horario será establecido por cada entidade.

Na súa maioría, as visitas roldan entre os 60 e 90 minutos de duración.

O programa de visitas escolares aglutina un amplo número de entidades da cidade e da súa contorna que ofertan a visita das súas instalacións polos centros educativos.

Cada entidade indica as condicións das visitas no que se refire aos espazos para visitar, as persoas destinatarias, a xestión dos grupos, e os horarios.

Condicións do programa

  • Os centros non teñen que aboar entradas para acceder ás visitas.
  • Os centros poderán solicitar todas as visitas que sexan do seu interese.
  • Os centros ordenarán as solicitudes por orde de preferencia.
  • O número de visitas adxudicadas estará condicionado ás prazas existentes, tendo preferencia na adxudicación os centros públicos.
  • No caso de que a demanda sexa superior á oferta poderanse adxudicar as prazas por sorteo.
  • O programa contará con dúas fases de solicitude: do 15 ao 30 de setembro (para visitas durante o primeiro trimestre) e do 2 ao 13 de novembro (para visitas durante o resto do curso).
  • O Servizo Municipal de Educación financiará, desde decembro, un máximo de 5 viaxes no curso a cada centro de ensino público (un das viaxes poderá ser ao exterior do termo municipal).
  • Os centros deben incluír nas súas solicitudes para cales das visitas solicitan autobús. No resto de visitas os centros acudirán polos seus propios medios.

O Servizo Municipal de Educación asigna as visitas (ver "Proceso de asignación das visitas") baseándose nas condicións que indica a empresa e tendo en conta, sempre que sexa posible, as preferencias dos centros.

Proceso de asignación das visitas

O prazo de solicitude das visitas terá dúas fases:

  • Do 16 ao 30 de setembro, para o primeiro trimestre do curso.
  • Do 2 ao 13 de novembro, para o resto do curso.

Os centros tramitarán as solicitudes a través da ficha de inscrición.

Adxudicación provisional: o SME publicará na web municipal, o día 20 de outubro, as datas asignadas na primeira fase e o 4 de decembro as da segunda.

Abrirase un prazo de renuncia ás visitas de 5 días a partir da súa publicación na web. Tras este período as listasxes pasarán a definitivas. Se isto xerase datas vacantes chamarase á listaxe de agarda.

Adxudicación definitiva: o 10 de novembro para o primeiro trimestre e o 15 de decembro para o segundo e terceiro trimestre do curso.

Cadro resumo
Primeiro trimestre Segundo e terceiro trimestre
Solicitude 15 ao 30 de setembro 2 ao 13 de novembro
Adxudicación provisional* 20 de outubro 4 de decembro
Adxudicación definitiva 10 de novembro 15 de decembro

* prazo de renuncia: 5 días hábiles.

Nota: o programa ten establecido un número máximo de visitas e itinerarios. No caso de que a demanda fose maior que a oferta, a adxudicación realizaríase por sorteo. O SME asignará, na medida do posible, novas datas para as solicitudes que tivesen problemas coa data de adxudicación provisional. Unha vez confirmadas as datas coa entidade e o centro, estas pasarán a ser definitivas.

Servizo de transporte

  • O SME só lle facilita o transporte ás Escolas Infantís Municipais, os CEIP e os IES da cidade para as visitas seleccionadas (ata un máximo 5 saídas por centro, puidendo ser 1 delas ao exterior do termo municipal).
  • O bus estará dispoñible media hora antes do inicio de cada visita. Este horario pode axustarse en función da distancia do centro ao lugar de inicio da visita.
  • Os autobuses teñen 54 prazas, polo que en ningún caso é posible exceder este número de participantes (incluído o profesorado acompañante). En caso de levar cadeiras de rodas, o total de prazas verase reducido.
  • Os centros que necesiten transporte adaptado deben solicitalo previamente. Para iso hai habilitado na aplicación un apartado específico.
  • O SME, para o mellor aproveitamento do transporte, pode acordar que dous centros compartan as prazas do autobús. Isto non afecta o cómputo global anual dos buses solicitados polos centros.

Visitas e percorridos que se ofertan

A relación de visitas que se ofertan no programa son as que se enumeran a continuación.

A descrición das características de cada unha delas están recollidas no seguinte arquivo: Coruña de Aventura 2026/27 - Relación de visitas escolares

  1. Alimentes, visita o teu Gadis
  2. Aluman: Fachadas e proxectos contract. Talleres de carpintaría metálica e madeira.
  3. Arquivo do Reino de Galicia
  4. Biblioteca pública Miguel González Garcés
  5. Bombeiros
  6. Castro de Elviña: percorrendo o Castro
  7. Cidade Vella
  8. Coca-Cola
  9. Coñece o bus urbano da túa cidade
  10. Cruz Vermella mocidade
  11. Fabricación de Eléctrodos de Grafito: Resonac
  12. Fundación Luís Seoane
  13. Instalacións de "La voz de Galicia"
  14. Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón
  15. Museo de Arte Sacra
  16. Museo de Belas Artes
  17. Torre de Hércules
  18. Museo das Telecomunicacións
  19. Museo Histórico e Militar da Coruña
  20. Policía Nacional. Corpo Nacional de policía e Museo
  21. Porto da Coruña
  22. Un día en capitanía

Nota: as condicións de cada visita, establecidas polas entidades colaboradoras, poden sufrir modificacións ao longo do curso.

Cando:

Dende o 16/11/2026 ata o 15/06/2027

O programa de visitas realízase do 16 de novembro de 2026 ao 15 de xuño de 2027.

Inscricións:

Dende o 15/09/2026 ata o 13/11/2026

FICHA DE SOLICITUDE

O prazo de solicitude terá dúas fases:

  • Do 15 ao 30 de setembro, para o primeiro trimestre do curso.
  • Do 2 ao 13 de novembro, para o resto do curso.

Admitiranse varias solicitudes simultáneas para o mesmo curso, que o centro ten que ordenar por preferencia.

Máis información sobre a inscrición nas apartados "Condicións do programa" e "Proceso de asignación das visitas".

Contacto:

Servizo municipal de Educación

Ana Bermúdez

981 184 200 (Ext 10179)

educacion@coruna.gal

Documentos:

Coruña de Aventura 2026/27 - Relación de visitas escolares (560 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión