Acción de dinamización lingüística na que se presentan monólogos cómicos creados e interpretados por alumnado de centros de Coruña. Os monólogos interprétanse en galego e tratan temas de actualidade.
Só da Coruña
Educación
Complementaria
Público, Concertado, Privado
Alumnado de ESO, BACH e FP dos centros educativos do concello da Coruña.
Anual
Gratuíto.
Fomentar o uso da lingua galega no alumnado de ensino secundario, bacharelato e FP.
Potenciar a comprensión e a expresión oral, así como a creatividade e a espontaneidade no uso da lingua galega.
As persoas inscritas poderán solicitar os Obradoiros de introdución á interpretación de monólogos cómicos, co obxecto de axudarlles a revisar os seus textos e mellorar a súa interpretación cómica.
Inscrición: do 25 de xaneiro ao 17 de febreiro na ficha de solicitude. O custo é gratuíto.
Condicións do programa
Os monólogos tratarán temas de actualidade, establécense tres categorías diferentes:
Cada centro docente poderá presentar o alumnado participante de maneira individual ou en grupos.
Cada alumno/a que se presente individualmente representará un monólogo.
Cada grupo estará integrado por un máximo de tres alumnos/as e representará un só monólogo.
Estableceranse premios por categorías.
O Servizo Municipal de Educación publicará con antelación as condicións e prazos para presentar os textos dos monólogos.
14 de abril de 2023
Dende o 25/01/2023 ata o 17/02/2023
Os centros interesados en participar no certame deben solicitalo entre o 25/01/2023 e o 17/02/2023 a través da ficha de solicitude xeral.
Servizo Municipal de Educación
Tel. 981 184 200, ext: 12041
VITAEVENTS
Tel. 692 876 602
Servizo Municipal de Educación
Novas relacionadas
Actividades relacionadas
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible