Concello da Coruña

Concello da Coruña

21º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato: prazo de presentación de propostas

Cando:

Dende o 14/02/2026 ata o 31/03/2026

Os/as participantes poden enviar ata un máximo de 3 fotografías, en branco e negro ou en cor e en formato dixital. Os traballos poderanse presentar ata o día 31 de marzo.

A Asociación de Amigos do Instituto Monelos Coruña presenta a 21ª edición do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato, dirixido ao alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Escolas de Arte de Galicia, cun límite de idade para presentarse de 21 anos.

Cada participante poderá presentar un máximo de 3 fotografías, que deberá enviar, en formato dixital, ao mail amigos.monelos@gmail.com (indicando nome, apelidos, DNI, idade, teléfono, dirección, centro de estudo, curso e, finalmente, título de cada fotografía).

A data límite de entrega será o martes 31 de marzo de 2026.

Máis información na páxina do programa: 21º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato 2026

Programa ao que pertence

  • 21º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato 2026

    A Asociación de Amigos do IES Monelos, en colaboración con Gadis e o Concello da Coruña, convoca unha nova edición do Concurso de fotografía XurxoLobato , dirixido ao alumnado de ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Escolas de Arte de toda Galicia, cun límite de idade para presentarse de 21 anos.

    Máis información

Documentos relacionados

  • 21º Concurso de fotografía Xurxo Lobato - Basees do concurso (705 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión