Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Asociación de Amigos do Instituto Monelos Coruña convoca o "20 Concurso de Fotografía Xurxo Lobato"

Cando:

27 de xaneiro de 2025

Páxina web:

https://www.instagram.com/amigos_monelos/

Lobato O concurso está dirixido ao alumnado de ata 21 anos de ESO, Bacharelato, Formación Profesional ou Escolas de Arte de Galicia.

A Asociación de Amigos do Instituto Monelos Coruña vén de presentar unha nova edición do Concurso de Fotografía XurxoLobato .

Este concurso, que este ano alcanza a súa 20ª edición, está dirixido ao alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Escolas de Arte de Galicia, cun límite de idade para presentarse de 21 anos.

Características técnicas e forma de presentación

No que respecta ás características técnicas, o tema é libre e as fotografías, que non deberán levar marcas de auga, poderán presentarse en branco e negro ou en cor. Cada participante poderá presentar un máximo de 3 fotografías, que deberá enviar, en formato dixital, ao correo electrónico amigos.monelos@gmail.com (indicando nome, apelidos, DNI, idade, teléfono, dirección, centro de estudo, curso e, finalmente, título de cada fotografía). A data límite de entrega será o luns 31 de marzo de 2025.

Xurado, premios e exposición

O xurado estará formado por dous representantes da Asociación de Amigos do Instituto Monelos e tres expertos en arte e fotografía.

No que respecta aos premios, repartiranse os seguintes:

  • 1º premio: diploma e 250 €
  • 2º premio: diploma e 150 €
  • 3º premio: diploma e 100 €
  • Premio Especial 20 aniversario á mellor fotografía que reflicta a cidade da Coruña: 200 €

O xurado considerará a posibilidade de conceder accesits con premios.

A organización do concurso poderá utilizar as fotografías seleccionadas e as premiadas para a súa difusión (exposicións, edicións, etc.).

Documentos relacionados

  • 20 Concurso de Fotografía Xurxo Lobato - Basees do concurso (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión