9 de setembro de 2025
Degustáronse menús tipo elaborados con materias primas de produción ecolóxica.
As instalacións do CPR Plurilingüe Andaina (Culleredo) acolleron, o pasado mércores 3 de setembro, un taller/seminario de cociña de proximidade, no marco do proxecto EcoComedores da Biosfera.
O evento, que contou coa participación de 20 persoas pertencentes ao colectivo de cociña de centros escolares da contorna, dividiuse nunha charla teórica inicial, que incluíu fichas técnicas con escandallos e custos, a elaboración dun menú tipo, composto por materias primas de produción ecolóxica e, finalmente, a degustación por parte do persoal do centro escolar do menú elaborado.
Da man da cociñeira da Rede Chef 2030 Sandra Amado Varela demostrouse a viabilidade técnica e económica para a elaboración dun menú escolar co emprego de materias primas ecolóxicas e de proximidade.
Proxecto EcoComedores da Biosfera
O proxecto EcoComedores pretende que os comedores dos centros escolares se convertan nun espazo de educación que transmita os valores dunha alimentación saudable e fundamentada nunha produción e comercialización respectuosas co medio ambiente.
No proxecto, coordinado pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, participan ademais como socios a Escola Infantil Municipal A Caracola e a Fundación Juana de Vega.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible