Concello da Coruña

Concello da Coruña

A EIM A Caracola, referente en actividade física e xogo libre

Cando:

5 de decembro de 2025

A escola participou, no curso 2021-22, nun estudo sobre a actividade física durante a xornada escolar. Os resultados foron publicados o pasado mes de setembro.

O pasado mes de febreiro de 2025, a Escola Infantil Municipal A Caracola asinou un convenio de colaboración coa Universidade da Coruña, que viña formalizar a relación de cooperación existente entre ambas as entidades desde hai tempo. Este acordo, que reúne a Facultade de Ciencias da Educación, o Grupo de Investigación Eunoia e a escola, ten como finalidade apoiar a formación do alumnado universitario e do profesorado en exercicio, fomentar a aprendizaxe a través da observación en contextos reais de 0-3 anos e desenvolver tarefas de investigación cuxos resultados se difundirán en beneficio da escola, a infancia e a comunidade científica.

Neste contexto, no curso 2021-22, participouna EIM A Caracola nun estudo sobre a "Actividade física durante a xornada escolar: un estudo exploratorio con alumnado de 2-3 anos", cuxos resultados foron publicados o pasado mes de setembro. Para medir con precisión a actividade física, o alumnado colocáronselles podómetros que rexistraron o número de pasos realizados durante a xornada escolar.

Os resultados do estudo evidencian o traballo da escola na promoción do movemento e o xogo ao aire libre:

  • Altos niveis de actividade: o alumnado alcanza niveis moi elevados de actividade física durante a xornada escolar. Nos días nos que se desenvolve a xornada ao aire libre, alcanzan o 45,7% dos pasos diarios recomendados (13.000 pasos ao día), fronte a un 35% nos días que permanecen en interior. De media, realizan 5.440,7 pasos en 4,5 horas, o que representa un 41,9% da cantidade de pasos diarios recomendados para a infancia. Estes datos confirman a contribución relevante da escola para cumprir as recomendacións das axencias de saúde sobre actividade física saudable.
  • O poder do xogo exterior: o estudo sinala que o tempo ao aire libre é o principal motor desta actividade. Por iso, a escola continúa dándolle prioridade ao uso dos espazos exteriores, fomentando que o alumnado explore e se mova con total liberdade.
  • Diferenzas de xénero: a investigación tamén detectou diferenzas de xénero, mesmo antes dos tres anos, cando a influencia do proceso de socialización é mínima. Isto suxire que factores biolóxicos poderían influír nos niveis de actividade física desde idades temperás, reforzando a necesidade de seguir investigando os determinantes do comportamento motor segundo o sexo.

Estes resultados poñen de manifesto o compromiso da EIM A Caracola co desenvolvemento integral do alumnado, promovendo hábitos saudables e actividades que favorecen o movemento e a autonomía desde idades temperás.

Documentos relacionados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión