Concello da Coruña

Concello da Coruña

A EIM Carricanta celebrou o seu segundo encontro de Educación Ambiental

Cando:

9 de maio de 2025

As cores, a música, as flores e os contos foron os protagonistas dunha xornada para experimentar co cambio de estación.

A Escola Infantil Municipal Carricanta celebrou onte, xoves 8 de marzo, o seu segundo encontro de Educación Ambiental deste curso 2024-2025.

Nesta ocasión, nenos, nenas e familias puideron experimentar cos diferentes cambios que se producen na nosa contorna co cambio de estación. As cores, a música, as flores e os contos encheron o patio da escola e propiciaron unha estupenda tarde en familia.

Esta iniciativa enmárcase dentro da participación da escola no programa Voz Natura, o programa de educación ambiental de La Voz de Galicia, que busca, en colaboración cun comité científico, implicar á comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión