Concello da Coruña

Concello da Coruña

A EIM Monte Alto organiza unha charla-coloquio sobre estratexias en situacións conflitivas

Cando:

5 de febreiro de 2025

Presentada e orientada polo equipo de profesionais de APAE (Atención Psicopedagógica e Apoio Educativo), terá lugar o vindeiro xoves 13 de marzo, na escola.

A Escola Infantil Municipal de Monte Alto organiza, o vindeiro xoves 13 de marzo, ás 16.00 horas, unha charla-coloquio dirixida a nais e pais da escola (non poden asistir menores).

Na charla, que estará presentada e orientada polo equipo de profesionais de APAE (Centro de Atención Psicopedagógica e Apoio Educativo), debaterase sobre a combinación de estratexias en situacións conflitivas ("non me fai caso", "chora todo o"día , "pega e empurra"...).

O evento terá unha duración de 60 minutos. Desde a escola agradecen a confirmación da asistencia (de maneira presencial, a través do correo electrónico ei.montealto@hotmail.com ou mediante o teléfono 981 201 223), para facilitar a organización.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión