Concello da Coruña

Concello da Coruña

A EIM Monte Alto presentou o seu proxecto "O firmamento das emocións" ante membros da Agrupación Astronómica Ío

Cando:

27 de maio de 2025

O proxecto, desenvolvido ao longo do curso, permitiulles aos nenos e nenas de primeiro ciclo coñecer o firmamento a través das emocións, da música e mesmo de movementos de ioga.

A Escola Infantil Municipal de Monte Alto recibiu onte a Genaro e a Martín, membros da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, para presentar o proxecto de astronomía "O firmamento das emocións", desenvolvido ao longo do curso.

A través deste proxecto, os nenos e nenas de primeiro ciclo de Educación Infantil puideron coñecer historias fascinantes do firmamento, onde cada constelación cobra vida co seu nome, o seu animal emblemático, a súa historia e a súa emoción particular. Para iso, o equipo da escola inspirouse nos recursos publicados pola Agrupación Ío, adaptounos e entrelazounos con emocións, música, xestos da linguaxe de signos e ata movementos de ioga.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión