23 de novembro de 2021
Debido á previsión meteorolóxica, serán nas instalacións do mercado de Monte Alto o martes 23 de novembro de 16.30 a 18.00 horas
A escola infantil municipal Monte Alto convoca as familias para pasar un tempo reunidos celebrando o outono, cuxas actividades estarán relacionadas coa música e a tradición.
Durante esta tarde o grupo de familias de "Escola na horta" presentará as tarefas realizadas durante estas semanas na horta da Torre.
Tamén haberá degustación de castañas asadas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible