15 de xullo de 2019
Este premio ten o obxectivo de galardoar e dar a coñecer iniciativas creativas, innovadoras e con impacto social de centros educativos de Infantil, Primaria e Secundaria de toda España. A EIM Monte Alto compite con outras 99 escolas.
A Escola infantil municipal Monte Alto acaba de recibir a notificación de que foi seleccionada como unha das 100 escolas finalistas autonómicas do Premio Acción Maxistral 2019. A EIM Monte Alto participa neste concurso co seu proxecto A tenda de Antón.
En breve, abrirase un período de votación popular para seleccionar o centro educativo gañador deste premio que ten o obxectivo de galardoar e dar a coñecer iniciativas creativas, innovadoras e con impacto social de centros educativos de Infantil, Primaria e Secundaria de toda España.
O resultado final coñecerase no mes de setembro.
A tenda de Antón
A tenda de Antón é un espazo de actividade para promover o xogo simbólico e a relación directa do alumnado coas persoas vendedoras e compradoras. A compra directa e o despregamento das accións que implica favorecen o desenvolvemento de habilidades lingüísticas básicas nas relacións humanas, a observación e relación de alimentos entre si, valorar a orde e clasificación en cada posto e a mecánica do intercambio de produto-diñeiro.
Este proxecto conseguiu un recoñecemento no 2016 por UNICEF, por ser unha boa práctica para a infancia.
Entidades
Proxectos educativos
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible