28 de maio de 2021
Cada equipo deberá estar acompañado do seu profesor ou da persoa en quen se delegue. O alumnado deberá identificarse co seu DNI ou acreditación proporcionada polo centro
A presentación terá lugar ás 10:30 horas na Facultade de Ciencias da Educación da Coruña, onde se recibirá ao alumnado e profesorado.
Este curso, debido ás restricións da pandemia, realizarase a visita cultural ao Castro de Elviña, camiñado ao aire libre. En todo momento deberanse respectar as medidas sanitarias necesarias.
A comida realizarase na Facultade, en mesas de catro, o grupo de alumnos e alumnas e o seu profesor.
Ás 16:30 horas realizarase a entrega de diplomas e comunicación dos gañadores. Nesta ocasión, non se permite a asistencia de público. Os integrantes dos equipos que queden clasificados en primeiro e segundo lugar serán os que participen na Olimpíada Nacional Alevín, que se celebrará o día 26 de xuño na Coruña.
Programa ao que pertence
Actividade para fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo a través das matemáticas.
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible