Concello da Coruña

Concello da Coruña

A final galega do Rebumbio Matemático reúne 14 equipos de 11 centros educativos de toda Galicia na Universidade da Coruña

Cando:

16 de maio de 2025

O equipo do CPR Manuel Peleteiro de Santiago, “Os Pitagóricos”, proclámase gañador e representará a Galicia na fase estatal en Murcia

A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña acolleu esta tarde, ás 16:30 h, a final galega do XXIV Rebumbio Matemático, unha iniciativa promovida pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) coa colaboración do Concello da Coruña.

Nesta edición, a zona da Coruña ten unha presenza destacada con tres equipos clasificados entre os catorce finalistas galegos:

  • TEANO DE CROTONA, do CPR Montespiño (Culleredo)

  • HIPATIA DE ALEXANDRÍA, do CEIP A Rabadeira (Oleiros)

  • PI HIPATIA, do CPR Internacional Eirís (A Coruña)

O primeiro premio foi para o equipo "Os Pitagóricos", do CPR Manuel Peleteiro de Santiago, formado por Ulpiano Villanueva Castro, Mateo Allegue Lorenzo e Martín Amoedo Nieto. Representarán a Galicia na final estatal do Rebumbio Matemático, que se celebrará o vindeiro mes de xuño na cidade de Murcia.

O concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego, participou no acto de entrega de premios e quixo felicitar ao alumnado participante, poñendo en valor o carácter didáctico e cooperativo da proba. "Actividades como o Rebumbio Matemático fomentan o pensamento crítico, a resolución de problemas e o traballo en equipo, facendo que o alumnado aprenda e disfrute ao mesmo tempo", sinalou.

A colaboración do Concello da Coruña con esta iniciativa reafirma o compromiso do Goberno de Inés Rey co impulso de propostas educativas innovadoras que favorecen o desenvolvemento integral do alumnado desde as etapas máis temperás.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión