Concello da Coruña

Concello da Coruña

A REIM abre unha nova convocatoria para solicitar praza con 58 vacantes

Cando:

2 de xaneiro de 2023

O prazo de solicitude será do 2 ao 16 de xaneiro.

Ábrese unha convocatoria para solicitar praza nas escolas con prazas vacantes. A adxudicación das mesmas está sometida aos criterios de baremación sinalados nas Bases Reguladoras do proceso de admisión nas escolas infantís integradas na rede de escolas infantís municipais para o curso 2022-2023, publicadas no BOP nº 57 do 24 de marzo de 2022 e na resolución publicada no BOP nº 116 do 20 de xuño de 2022.

Prazas vacantes mes de xaneiro

Total de prazas vacantes: 58

PRAZO DE SOLICITUDE: DESDE O 2 AO 16 DE XANEIRO

LUGAR DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN

A documentación e a ficha de solicitude asinada polos dous proxenitores deberá presentarse, preferiblemente, no rexistro electrónico do concello https://sede.coruna.gob.es, nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola "Lei de Procedemento Administrativo".

Debido ás indicacións sanitarias por mor da pandemia do coronavirus, para acudir a calquera dos puntos de Rexistro e atención cidadá do Concello da Coruña é necesario solicitar cita previa en coruna.gal.

Enderezos:

* Concello da Coruña. praza de María Pita, nº 1. C.P. 15001, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)

* Rexistro Auxiliar A Franxa. Rúa dá Franxa, nº 20. C.P. 15001, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)

* Fórum Metropolitano. Rúa río de Monelos nº 1 C.P. 15006, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)

* Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela nº 17 C.P. 15010, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)

MÁIS INFORMACIÓN EN Educación

Proxectos educativos

Documentos relacionados

  • xaneiro-convocatoria para cubrir prazas vacantes (106 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión