Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Universidade da Coruña ofrece unha xornada de portas abertas virtual do 23 ao 24 de abril

Cando:

22 de abril de 2020

A partir do mércores 22 pola tarde, estará dispoñible todo o contido e todos os horarios confirmados

A Universidade da Coruña organiza unhas Xornadas de portas abertas virtuais para amosar os seus títulos a futuros estudantes.

Desde a Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade, coordinadora das Xornadas, púxose en marcha unha páxina web na que alumnado de bacharelato, orientadores e profesorado de institutos, pais e nais e todas as persoas interesadas poden ver a oferta académica da UDC así como diferentes actividades da vida universitaria, opcións de aloxamento nas residencias universitarias públicas da Coruña e Ferrol, a súa oferta de másteres e diversos servizos de interese para o alumnado.

Chats coa UDC

Os visitantes terán a oportunidade de participar en chats en directo para resolver todas as súas dúbidas no acceso e nas características da oferta académica da UDC, así como están previstas actividades participativas como obradoiros e retos. O alumnado interesado en participar pode acceder desde a páxina web e tamén desde a app da UDC, para Android e para IOs.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión